Mikal Bridges

baloncestista estadounidense

Mikal Bridges, nado o 30 de agosto de 1996 en Filadelfia, Pensilvania, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Brooklyn Nets da National Basketball Association (NBA). Con 1,98 metros de estatura xoga na posición de ala.

Mikal Bridges
Brooklyn Nets – No. 1
PosiciónAla
Información persoal
Nacemento30 de agosto de 1996 (27 anos)
Filadelfia, Pensilvania
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Altura1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial95 kg (209 lb)
Información da carreira
InstitutoGreat Valley
(Malvern, Pennsylvania)
UniversidadeVillanova (2015–2018)
NBA Draft2018 / Rolda: 1 / Elección: 10
Por Philadelphia 76ers
Carreiradende 2018
Historial de equipos
Phoenix Suns (2018–2023)
Brooklyn Nets (2023–presente)

Traxectoria profesional

O 21 de xuño de 2018, Bridges foi seleccionado polos Philadelphia 76ers na 10ª posición do Draft da NBA de 2018, pero pouco despois foi traspasado ós Phoenix Suns a cambio de Zhaire Smith e unha futura elección da primeira rolda do Draft.[1] O 6 de xullo de 2018, Bridges asinou cos Suns.[2] Debutou na NBA o 17 de outubro de 2018 na vitoria dos Suns por 121–100 contra os Dallas Mavericks.[3]

O 9 de febreiro de 2023, os Suns traspasaron a Bridges ós Brooklyn Nets xunto a Cameron Johnson, Jae Crowder e catro eleccións da primeira rolda do Draft, a cambio de Kevin Durant e T. J. Warren.[4]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas