Michel Charles Durieu de Maisonneuve
- Artigo
- Conversa
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de decembro de 1796 Saint-Eutrope-de-Born, Lot e Garona |
Morte | 20 de febreiro de 1878 Bordeaux |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | francesa |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica ![]() |
Ocupación | militar, naturalista, botánico e explorador |
Lingua | Lingua francesa ![]() |
Carreira militar | |
Rango militar | capitaine (en) ![]() ![]() |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Durieu ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Marguerite-Hélène-Ursule de Tessières de Miremont |
Fillos | tres |
Pais | Étienne du Rieu de Maisonneuve de Bonnayrac e Marie-Elisabeth de Calbiac |
Premios | |
Cabaleiro da Lexión de Honra Cabaleiro da Orde das Palmas Académicas Cabaleiro da Orde de Carlos III, de España Cabaleiro da Orde Imperial da Rosa, do Brasil | |
Michel Charles Durieu de Maisonneuve (ás veces escrito como Michel Charles Du Rieu de Maisonneuve), nado o 7 de decembro de 1796 en Saint-Eutrope-de-Born, Lot e Garona,[1][2] e finado o 20 de febreiro de 1878 en Bordeaux,[3][2] foi un militar, naturalista, botánico e explorador francés.
Durieu foi o único fillo de Marie-Elisabeth de Calbiac e Étienne du Rieu de Maisonneuve de Bonnayrac, escudeiro, capitán do rexemento Royal-Vaisseaux, cabaleiro da Orde real e militar de San Lois.[4][2]
Casou o 8 de novembro de 1827 con Marguerite-Hélène-Ursule de Tessières de Miremont, coa que tivo dous fillos e unha filla.[5][2]
Durieu recibiu adestramento militar na Escola de Brienne e na Escola Especial Militar de Saint-Cyr.[6] O 4 de xuño de 1817 foi destinado como segundo tenente ao 13º rexemento de infataría en liña.[7] Foi ascendido a tenente deste rexemento o 11 de abril de 1826.[8]
Foi ascendido a capitán e destinado ao 63º rexemento en liña o 20 de xaneiro de 1839.[9]
Participou na expedición a España dos Cen Mil Fillos de San Luís, intervindo na batalla do Trocadero, en Puerto Real (Cádiz), que tivo lugar o 31 de agosto de 1823. Despois desmilitarizouse e explorou Asturias.[10]
Tamén participou na expedición a Morea (1828-1833), no curso da Guerra de independencia de Grecia, formando parte da expedición cidentífica, co naturalista Jean Baptiste Bory de Saint-Vincent.
Así mesmo, participo na batalla de Smala en 1843 contra as forzas do emir Abd el-Kader, líder da resistencia alxeriana fronte á ocupación francesa.
Durante os seus anos como militar tamén realizou investigacións botánicas en Francia, España (Asturias) e o norte de Portugal.
Permanecu no exército francés até 1848.
Durieu de Maisonneuve, a mediados da década de 1820 interesouse pola historia natural e a botánica estudando as algas de auga doce. Estudou especies de criptógamas con Jean-Baptiste Bory de Saint-Vincent, Camille Montagne, Joseph-Henri Léveillé e os irmáns Charles e Louis René Tulasne. Estaba especialmente interesado nos fietos acuáticos, dos que describiu varias especies novas.[11]
En 1835 explorou Asturias. Recolleu plantas vasculares, cuxo estudo confiou a Jacques Étienne Gay.
Tras a conquista de Alxeria, o goberno de Francia confioulle unha misión científica en Alxeria, baixo o liderado de Jean-Baptiste Bory de Saint-Vincent. Estivo alí desde finais de 1839 até 1842. Máis tarde publicou a flora de Alxeria.
En 1853 entrou ao servizo da cidade de Bordeos, encargándos dun curso municipal de botánica. En 1858, tras a morte de Jean-François Laterrade, foi nomeado director do Xardín das Plantas de Bordeos, e participou activamente na súa transformación, xunto ao arquitecto da cidade Charles Burguet e o paisaxista L. B. Fischer. En 1857 organizou o traslado do magnolio xigante do vello xardín botánico de Chartreuse ao novo xardín público.
Xubilouse en 1876 e morreu dous anos despois na súa casa no 30 rue Maubourguet, preto do xardín botánico.
Michel Charles Durieu de Maisonneuve foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honor o 18 de abril de 1846.[1]
Tamén foi nomeado Cabaleiro da Orde das Palmas Académicas,[13] Cabaleiro da Orde de Carlos III, de España e Cabaleiro da Orde Imperial da Rosa, do Brasil.
Foi nomeado membro honorario do xurado do Congreso Botánico Internacional de Florencia en 1874 en consideración aos servizos eminentes que nunca deixou de prestar á ciencia.[14]
Unha rúa de Bordeos leva o seu nome.
As abreviatura Durieu emprégase para recoñecer a Michel Charles Durieu de Maisonneuve como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[26]