Mercedes-Benz C112

O Mercedes-Benz C112 é un prototipo de automóbil superdeportivo desenvolvido por Mercedes-Benz, que se presentou no Salón do Automóbil de Frankfurt en 1991 como un vehículo de produción. É un cupé bipraza con portas de á de gaivota.

Mercedes-Benz C112

FabricanteCarrozzeria Coggiola (carrozaría)
Daimler-Benz (chasis e interior)[1]
PaísAlemaña
DeseñoEquipo de deseño avanzado de Mercedes-Benz dirixido por Bruno Sacco[2]
Configuración
TipoPrototipo de superdeportivo
CarrozaríaCupé de 2 portas
ConfiguraciónMotor traseiro, tracción traseira
Dimensións
Lonxitude4616 mm
Anchura1976 mm
Altura1200 mm
Distancia eixes2700,02 mm
Peso1569 kg[1]
Características técnicas
MotorV12
Velocidade máxima310 km/h
Modelos relacionados
RelacionadoMercedes-Benz C11[1]
Isdera Commendatore 112i

Equipamento

O Mercedes-Benz C112 está equipado con coxín de seguridade, un elemento de seguranza pasiva que aínda non era moi común a principios dos anos 90.

O coche conta co Active Body Control, que foi deseñado para controlar a estabilidade do vehículo a través dunha combinación de resortes activos e sistema hidráulico en cada roda, ademais de sensores que monitorean os movementos do vehículo. A computadora do vehículo avalía a información dos sensores e axusta a suspensión en consecuencia.

Na súa época, o C112 tamén contaba coas actualizacións máis recentes en freos antibloqueo (ABS) e sistema de control antideslizante (ASR) que dividen a presión de freado entre as rodas dianteiras e as traseiras.

Mecánica e prestacións

Erixido na tradición do vehículo experimental C111, o C112 ten un motor V12 de 5987 centímetros cúbicos (6 litros), 48 válvulas e 402 HP (408 CV; 300 kW) que lle permite acadar unha velocidade máxima de 310 km/h[3] e acelerar de 0 a 100 km/h en 4,9 segundos. A caixa de cambios é manual de 6 marchas.

Produción

Malia que Mercedes-Benz tiña a intención de fabricar este modelo, finalmente a marca decidiu non producir o vehículo mesmo após recibir 700 pedidos.[3] Esta decisión probabelmente se debese á dificultade e os custos de trasladar naquela época toda a avanzada tecnoloxía do C112 a un coche de produción.[3]

Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas