Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Melanitta é un xénero de aves da orde das anseriformes e familia dos anátidos e subfamilia dos merxinos .
A súa especie tipo é Anas fusca (Hoxe Melanitta fusca ) Linnaeus , 1758
Os machos teñen na súa maioría a plumaxe negra, e as femias parda. Reprodúcense no extremo norte de Europa , Asia e América do Norte , e invernan máis ao sur, nas zonas temperadas destes continentes. Forman grandes bandadas en augas costeiras . Forman grupos de moitos individuos, que adoitan voaren xuntos. Seus niños constrúenoa no solo cerca do mar , lagos ou ríos , en bosques o na tundra . Son patos mergulladores que se alimantan de crustáceos e moluscos .
O xénero Melanitta foi creado polo zoólogo alemán Friedrich Boie en 1822 ,[ 1] [ 2] na páxina 980 do seu traballo:
Boie, Friedrich (1822): Tagebuch gehalten auf einer Reise durch Norwegen im Jahre 1817 . Schleswig: Königl Taubstummen - Institut. pp. 308 , 351 . A especie tipo foi designada en 1838 como Melanitta fusca polo naturalista inglés especializado en aves e peixes Thomas Campbell Eyton .[ 3]
O nome do xénerto, Melanitta , deriva das voces do grego antigo μέλας mélas , "negro", e νἠττα nēttα , "pato".[ 4]
Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[ 1]
Melanetta Gray, 1840 Melanilta Bonaparte, 1828 Melanonetta Sundevall, 1873 Oedemia Fleming, 1822 Actualmente no xénero recoñécense as seguintes seis especies:[ 5]
O fósil Melanitta ceruttii Chandler, 1990 ,[ 2] que viviu en California durante o Plioceno tardío,[ 6] está agora situado no xénero Histrionicus .
Carboneras, Carles; del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): "Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans)" en Handbook of the Birds of the World. Volume 1 . Barcelona : Lynx Edicions . ISBN 84-8733-410-5 .