Melani Olivares

actriz española

Melani Olivares Mora, nada en Badalona, o 18 de febreiro de 1973, é unha actriz catalá. Estudou interpretación na escola de Cristina Rota[1] e fixo o seu debut como presentadora no programa Leña al mono que es de goma, 1993. Tamén traballou como modelo.

Infotaula de personaMelani Olivares

(2016) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de febreiro de 1973 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Badalona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo , actriz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaWilly Toledo (pt) Traducir (–2009) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0646575 Instagram: melaniolivares BNE: XX4706979 Editar o valor em Wikidata

No ano 2002 acadou unha gran popularidade ó unirse ós actores da serie Policías, en el corazón de la calle, na que traballou un par de anos, dando vida á policía Laura Galarza. Fixo papeis secundarios noutras series como Siete vidas, Robles, investigador, De moda ou Aída, e tamén actuou nalgúns filmes para a televisión, como La Atlántida ou Freetown.

Filmografía

Cinema

Filmes
AnoTítuloPapel
1995La niña de tus sueñosCarmen
2000Me da igualEva
2001No te fallaréPaz
Noche de reyesCelia
2002No dejaré que no me quierasMarta
2004Agujeros en el cieloEva
2006Shevernatze, un ángel corruptoMaría
20088 citasNatalia
2010The anguish-
2013TemporalMelani
2014Dos a la cartaYoli
2015HablarCamareira
2016El signo de Caronte-
2021Donde caben dosSilvia

Curtametraxes

Curtametraxes
AnoTítuloPapel
1998Perdón, perdónJosefina
2001Soberano, el rey canallaAna
Lauburu-
2004Malicia en el país de las maravillasLaura
2005AnteayerHelena
No se lo digas a mamá-
2006Busco-
2007QuédateMelani
2016Verde pistachoMari

Telefilmes

Telefilmes
AnoTítuloPapel
2001FreetownVictòria
2005La AtlántidaJuana

Series de televisión

AnoSerieCanalPersonaxeNotas
1996 - 1997Éste es mi barrioAntena 3Elisa Cabrales31 episodios
1997Médico de familiaTelecinco-1 episodio
1997 - 1998Más que amigosTelecincoMar28 episodios
1998AmbicionesAntena 3Tina46 episodios
1999La casa de los líosAntena 3-1 episodio
20007 vidasTelecincoEva1 episodio
2000 - 2001Robles, investigadorLa 1Blanca13 episodios
2001El comisarioTelecincoRaquel1 episodio
ParaísoLa 1Virginia1 episodio
2002Psico expressTV3Mari12 episodios
2002 - 2003Policías, en el corazón de la calleAntena 3Laura Galarza26 episodios
2003Un paso adelanteAntena 3Susana1 episodio
2004 - 2005De modaTV3Paula23 episodios
2005L'un per l'altreTV3Edu1 episodio
2005 - 2014AídaTelecincoPaz Bermejo217 episodios
2015Bajo sospechaAntena 3Inés Vega8 episodios
2016El hombre de tu vidaLa 1Sofía1 episodio
La embajadaAntena 3Patricia Segura11 episodios
2018 - 2019Benvinguts a la familiaTV3Àngela Navarro26 episodios
2020PerdidaAntena 3Eva Aguirre11 episodios
2021La reina del puebloFlooxerEstrella Bernal6 episodios
Madres. Amor y vidaAmazon Prime VideoRosa2 episodios

Notas