Matisse Thybulle

baloncestista estadounidense

Matisse Vincent Thybulle, nado o 4 de marzo de 1997 en Scottsdale, Arizona, é un xogador de baloncesto profesional australiano-estadounidense que xoga nos Portland Trail Blazers da National Basketball Association (NBA).

Matisse Thybulle
Portland Trail Blazers – No. 4
PosiciónEscolta / Ala
Información persoal
Nacemento4 de marzo de 1997 (27 anos)
Arizona Scottsdale, Arizona
NacionalidadeAustralia Australia
Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial91 kg (201 lb)
Información da carreira
InstitutoSkyline (Sammamish, Washington)
Eastside Catholic
(Sammamish, Washington)
UniversidadeWashington (2015–2019)
NBA Draft2019 / Rolda: 1 / Elección: 20
Por Boston Celtics
Carreiradesde 2019
Historial de equipos
Philadelphia 76ers (2019–2023)
Portland Trail Blazers (2023–presente)

Traxectoria profesional

O 20 de xuño de 2019, Thybulle foi escollido na 20ª posición do Draft da NBA de 2019 polos Boston Celtics, pero foi traspasado ós Philadelphia 76ers a cambio das eleccións 24ª e 33ª do Draft.[1] O 3 de xullo de 2019, Thybulle asinou o seu contrato de rookie cos Sixers.[2] O 23 de outubro de 2019, Thybulle debutou na NBA, saíndo dende o banco na vitoria dos Sixers por 107–93 contra os Boston Celtics.[3] O 29 de outubro de 2021, os Sixers exerceron a opción sobre o contrato de Thybulle para ampliar a súa duración ata a tempada 2022-23.[4]

O 9 de febreiro de 2023, os Sixers trasparon a Thybulle ós Portland Trail Blazers nun traspaso entre catro equipos no que tamén participaron Charlotte Hornets e os New York Knicks.[5] Debutou cos Trail Blazers o 13 de febreiro de 2023, facendo 14 puntos e 6 rebotes na vitoria por 127–115 contra os Los Angeles Lakers.[6]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas