Massimo Dutti

empresa do grupo Inditex

Massimo Dutti é unha empresa do grupo Inditex. Creouse no ano 1985 en Terrassa, dedicada á fabricación de roupa para homes. En 1991 Inditex obtivo o 65 % das accións da empresa, para comprala totalmente no ano 1995. A partir de entón a empresa diversificou a súa oferta e ofrece roupa para muller, neno, nena e perfumaría. Conta actualmente con máis de 525 tendas localizadas en máis de 30 países.

Massimo Dutti

Editar o valor em Wikidata
TipoSociedade Anónima
Fundación1985
MatrizInditex
LocalizaciónTordera (Barcelona) Cataluña Cataluña (loxística)
Avda. Deputación Arteixo A Coruña Galicia Galiza (sede)
FundadorArmando Lasauca
Persoas claveJorge Pérez Marcote
IndustriaTéxtil
ProdutosRoupa e Complementos
Beneficio1.134 millóns de euros (2012)[1]
Número de empregados4.000
Na rede
http://www.massimodutti.com/ e https://www.massimodutti.com/ru/
Facebook: MassimoDuttiOfficial Twitter: massimodutti Instagram: massimodutti Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ten o seu centro loxístico en Tordera (Barcelona, España) e o social en Arteixo.

Historia

Massimo Dutti en Bruxelas.

En 1974 Armando Lasauca (o nome do fundador da empresa) con 19 anos chegou de Madrid e comezou a traballar en Barcelona de vendedor de camisas. Un posto que lle ofreceu un amigo do seu pai[2]. Traballo que non coñecía nin tiña experiencia nunha cidade nova para el. Déuselle ben e en pouco tempo tiña o seu propio negocio, fabricando e vendendo camisas a grosistas e comerciantes. Os comezos foron duros pero chegou a vender a El Corte Inglés. En 1985, xa con certo éxito no negocio, considerouse a posibilidade de crear unha marca propia, con tendas propias. Buscou un nome pegadizo, algo grande e como lle dicía aos seus: tiña que ser o másimo. Na familia a Armando o coñecían de pequeno como Armanduti. O nome da empresa de deseñador italiano: Massimo Dutti. En poucos anos estaba facturando 4.500 millóns de pesetas. O aumento da facturación fixo necesario atopar máis socios. O grupo italiano Cofir chegou a ter o 49% da empresa e en pouco tempo o 70%. En 1991 Cofir vende a súa participación en Massimo Dutti a Inditex por unha cantidade estimada en 4.000 millóns de pesetas. O resto da empresa foi mercada en 1995 por Inditex por unha cantidade estimada en 2.000 millóns de pesetas. Ese mesmo ano o fundador da empresa deixou a dirección en mans de Inditex e fundou unha nova empresa: Polo Sur que tentou competir con Massimo Dutti sen éxito[3][4].

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas