Músculo maseter

(Redirección desde «Maseter»)


O músculo maseter[1][2][3] é un músculo da faciana, que se atopa na superficie externa no óso maxilar inferior. Trátase dun músculo curto, con tres planos: superficial, medio e profundo.

Maseter
Disección que amosa as glándulas salivares do lado dereito (Maseter visible no centro)
Latínmusculus masseter
Gray'ssubject #109 385
OrixeArco cigomático e maxilar superior
Inserción   Apófise coronoide e ramo da mandíbula
VascularizaciónArteria masetérica
InnervaciónNervio mandibular (V3)
Acciónselevación (no fechamento da boca) e retracción da mandíbula
AntagonistaMúsculo platisma

Insercións do maseter

A nivel superior, este músculo insírese no arco cigomático.

A nivel inferior, insírese na mandíbula, na súa superficie externa.

Relacións

A superficie interna deste músculo relaciónase cun paquete vasculonervioso, o maseterino. Tamén está en contacto coa apófise coronoide do maxilar inferior e co músculo buccinador e coa bolsa adiposa de Bichat.

A superficie externa relaciónase cos vasos que percorren a faciana: arteria transversa da faciana. Tamén cos músculos cutáneos da faciana e co conduto de Stenon, procedente da glándula parótide.

Innervación e vascularización

É innervado por unha rama colateral do nervio mandibular ou terceira rama do trixémino (V3), e vascularizado pola arteria masetérica, rama da maxilar interna.

Esquema mostrando o músculo maseter e demais músculos do cranio (en latín)

Función

É un dos músculos mastigadores, cuxa acción é a de elevar a mandíbula e levala cara a atrás.

Notas

Véxase tamén