Masacre de Melilla

masacre de migrantes no valado de Melilla ocorrido o 24 de xuño de 2022

O masacre de Melilla foi a matanza de varias decenas de migrantes da África subsahariana perpetrada pola xendarmaría de Marrocos co apoio da Garda Civil española no 24 de xuño de 2022 no valado de Melilla, durante un salto masivo de entre 500 e 2.000 persoas na alborada do mesmo día para cruzar a fronteira con España.[1][2][3] Na disputa do número de vítimas, segundo as fontes oficiais marroquís o balance foi de 23 migrantes e 2 xendarmes mortos e amais 76 migrantes e 140 xendarmes feridos.[1][4] En troques, as organizacións non gobernamentais a prol dos dereitos humanos elevaron a cifra de migrantes mortos até 37 e esixiron investigacións contra a acción policial desproporcionada.[4]

Masacre de Melilla

Data24 de xuño de 2022
LugarMelilla
Resultadon/d

Ante o silencio informativo ao longo da xornada do acontecemento[3] e a filtración de vídeos e fotografías de moitos migrantes inconscientes, desatendidos, sanguentos, amoreados e mortos so custodia policial, a situación atraeu unha repercusión nos medios e unha consternación internacionais.[5][6] O Presidente do Goberno de España daquela, Pedro Sánchez Pérez-Castejón (PSOE) xustificou a intervención e apuntou que «hai que recoñecer o extraordinario traballo que fixo o Goberno marroquí en coordinación coas forzas e corpos de seguridade do Estado de España para probar a evitar un asalto violento e ben resolto por parte de ambas as dúas forzas de seguridade», alén de recoñecer e agradecer «a importancia de termos unhas relacións cun socio estratéxico como é Marrocos» e culpar as mafias como as únicas culpábeis dos feitos.[7][8]

Este episodio de matanza corresponde a unha serie histórica de acaecementos como a traxedia del Tarajal de 2014 en Ceuta, que sitúan Melilla e, por extensión, toda a fronteira entre España e Marrocos, como un símbolo da traxedia internacional en canto á política migratoria marrada da Unión Europea.[9]

Notas