Mary Baker Eddy

escritora, fundadora da Ciencia Cristiá

Mary Baker Eddy, nada en Bow, Nova Hampshire, 16 de xullo de 1821 e finada en Newton, Massachusetts o 3 de decembro de 1910 foi unha escritora, fundadora da Ciencia Cristiá.

Infotaula de personaMary Baker Eddy

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mary Morse Baker Editar o valor em Wikidata
16 de xullo de 1821 Editar o valor em Wikidata
Bow, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de decembro de 1910 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Chestnut Hill, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Mount Auburn (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónPembroke Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLíder relixioso Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , autora , teólogo Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
NaiAbigail Ambrose Baker (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX1490424 Musicbrainz: 06aff101-4ce0-45a8-a17d-3bde92bfd829 Discogs: 1873239 WikiTree: Baker-6600 Find a Grave: 312 Editar o valor em Wikidata
Monumento funerario de Mary Baker Eddy

Traxectoria

En 1866 afirmou descubrir o mesmo Principio divino que utilizou Xesucristo e terse curado a si mesma de danos críticos na columna vertebral tras sufrir unha caída no xeo o 1 de febreiro dese ano en Lynn, Massachusetts. Na súa obra Retrospection and Introspection, atópanse "as experiencias que a guiaron, no ano 1866, ao desenvolvemento do sistema que denominou Ciencia Cristiá".[1]

En 1875 publicou a primeira edición do libro Science and Health with key to the Scriptures, o alicerce da relixión que fundou. Nel manifestou que "o Principio divino da curación se comproba na experiencia persoal de calquera investigador sincero da Verdade" e que tal foi o seu caso.[2] En 1879 fundou a Igrexa de Cristo, Científico.[3]

Ao longo da súa carreira, Mary Baker Eddy fundou numerosas publicacións. En 1898 fundou a Sociedade Editora da Ciencia Cristiá, encargada dende entón da publicación dos seus escritos e das revistas periódicas como The Christian Science Journal, o Christian Science Sentinel, Herald of Christian Science e o Caderno Trimestral da Ciencia Cristiá.[4]

Mary Baker Eddy propugnou a restitución, mediante a súa igrexa e o sistema de curación por ela desenvolvido, dun cristianismo máis acorde co primitivo e que restaurase o seu "perdido elemento de curación".[5]

Recoñecementos

A Asociación Feminina do Libro de Estados Unidos inclúe á súa obra Science and Health nunha lista de 75 libros de mulleres cuxas palabras cambiaron o mundo. O Salón Feminino da Fama dos Estados Unidos incluíuna en 1995 mencionando que "deixou unha marca indeleble na relixión, a medicina e o xornalismo".[6]

Críticas

A Igrexa da Ciencia Cristiá promove un sistema espiritual onde a enfermidade é considerada como non creada por Deus e polo tanto irreal, polo cal a cura dos males do corpo lógrase a través dunha mellor comprensión de Deus, o Espírito. Moitas persoas formáronse nesta escola e predicaban simplemente a través da fala. Esta idea alcanzou unha grande aceptación, volvendo a Igrexa da Ciencia Cristiá unha das institucións economicamente máis prósperas dos Estados Unidos no século XIX.[7]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas