Martha Chase
Martha Cowles Chase, nada en Cleveland Heights (Ohio) o 30 de novembro de 1927 e finada en Lorain (Ohio) o 8 de agosto de 2003 en Lorain, tamén coñecida como Martha C-Epstein, foi unha bióloga estadounidense especializada en xenética, famosa por formar parte do grupo que en 1953 demostrou que o ADN é o material xenético para a vida, e non as proteínas.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de novembro de 1927 ![]() Cleveland Heights, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 8 de agosto de 2003 ![]() Lorain, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | pneumonía ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | College of Wooster (en) ![]() Universidade do Sur de California ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Xenética ![]() |
Ocupación | geneticin (en) ![]() ![]() |
Empregador | Laboratório Cold Spring Harbor (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
Cronoloxía | |
Experimentos de Hershey-Chase ![]() |
Traxectoria
Chase naceu en 1927 en Cleveland, Ohio. En 1950 graduouse en Ciencias da Universidade de Wooster e en 1964 obtivo o seu doutoramento pola Universidade do Sur de California.
En 1952 traballou como asistente de laboratorio do experto en bacterias Alfred Hershey no Cold Spring Harbor Laboratory da Universidade do Sur de California. Ambos demostraron nos denominados experimentos de Hershey e Chase que é o ADN a base do material xenético, e non as proteínas. Posteriormente foi moi respectada como xenetista.
Varios sucesos que lle ocorreron durante a década de 1960 terminaron coa súa carreira como científica. Pasou décadas padecendo unha forma de demencia que a privaba da súa memoria a curto prazo. Faleceu o 8 de agosto de 2003 de pneumonía.