Marta Fernández-Tapias
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 (49/50 anos) Vigo, España |
Deputada do Parlamento de Galicia | |
2020 – 2020 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
Lingua | Lingua castelá |
Marta María Fernández-Tapias Núñez, nada en Vigo en 1974, é unha avogada e política galega do PPdG, delegada territorial da Xunta de Galicia na cidade de Vigo dende o ano 2020.
Licenciada en dereito pola universidade Complutense de Madrid, é avogada, especialista en dereito mercantil e marítimo-pesqueiro. En novembro de 2016 foi nomeada Directora Xeral de Administración local na Xunta de Galicia, onde exerceu ata a convocatoria das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.[1]
Sucedendo no posto a Corina Porro, de setembro de 2020 a xuño de 2023 foi a delegada territorial da Xunta de Galicia na cidade de Vigo.[2] Sucedeuna Ana Ortiz Álvarez.
En decembro de 2021 foi elixida, polos militantes do seu partido, líder do PP en Vigo e en agosto de 2022 o comité electoral do PP de Vigo designouna como candidata á alcaldía da cidade para as Eleccións municipais de 2023 que se celebraron o 28 de maio, resultando elixida concelleira e liderando a oposición ao goberno do alcalde Abel Caballero.[3]
É sobriña do empresario Fernando Fernández Tapias.
Predecesor: Corina Porro | Delegada da Xunta de Galicia en Vigo 2020 – 2023 | Sucesor: Ana Ortiz Álvarez |