Mark Blackburn

numismático e historiador económico británico
Para outros artigos con títulos relacionados, véxase Blackburn (homónimos)

Mark Alistair Sinclair Blackburn, nado o 5 de xaneiro de 1953 en Camberley, no condado inglés de Surrey, e finado o 1 de setembro de 2011 en Cambridge, foi un numismático e historiador económico británico, especializado na circulación monetaria nas illas británicas e en Escandinavia entre os séculos XV e XII.[1][2][3][4][5][6]

Infotaula de personaMark Alistair Sinclair Blackburn
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1953
Camberley, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de setembro de 2011 (58 anos)
Cambridge
Inglaterra
28º Presidente da Sociedade Numismática Británica
2004 – 2008
← David W Dykes (en) TraducirRobin John Eaglen (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Británica
EducaciónUniversidade de Oxford.
Coñecido por- Presidente da RNS.
- Conservador do Museo Fitwilliam.
- Profesor na Universidade de Cambridge.
Actividade
Campo de traballoNumismática e historia da economía.
Ocupaciónnumismático , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMuseo Fitzwilliam Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoAndrew Woods (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFiona Anne Haigh.
Premios
· (1972): Parkes Weber (RNS).
· (1987) Premio Blunt (BNS).
· (1987): Premio literario ANS.
· (1991): J. de Vermeil (SFN).
· (2008): Medalla da RNS.
· (2008): Sanford Saltus (BNS).
· (2011): Derek Allen BA.
· (2011): Gunnar Holst.

Traxectoria

Blackburn cursou o seu ensino secundario na Skinners' School, na localidade de Tunbridge Wells, e cursou estudos superiores na Universidade de Oxford, onde se graduou primeiro en Química e, en 1975, en Xurisprudencia. Traballou durante un tempo como avogado e en 1978 ingresou na compañía de banca comercial Kleinwort Benson.[1][2][3][4][5][6]

Nesa época comezou a destacar como erudito numismático, xunto con outros estudosos desta disciplina xurdidos no Reino Unido a partir da década de 1950, como Michael Dolley, Christopher Blunt, Stewart Lyon ou Michael Metcalf.[2][5]

En 1982 entrou no Gabinete de Moedas e Medallas do Museo Fitzwilliam, da Universidade de Cambridge, como asistente investigador, da man de Philip Grierson, e alí chegou a ocupar o posto de conservador desde 1991 a 2011, levando a institución ao máximo nivel mundial en investigación numismática medieval. Blackburn exerceu tamén como profesor de Numismática e de Historia Monetaria na Universidade de Cambridge entre 2004 e 2011. A partir de 2005 foi membro do Colexio Gonville and Caius, da Universidade de Cambridge.[1][2][3][4][5][6]

Blackburn tomou parte moi activa no proxecto Medieval European Coinage ("Cuñaxes Europeas Medievais"), unha serie de publicacións que catalogan a moeda da Idade Media, editadas por Cambridge University Press en asociación co Museo Fitzwilliam, de Cambridge, que abranguen as cuñaxes de Europa desde ca. 450 ata 1500.[7][8] O proxecto partiu da idea de Philip Grierson, e Blackburn foi o primeiro editor xeral da serie.[9]

Blackburn foi tamén editor xeral do proxecto Sylloge of Coins of the British Isles entre os anos 1980 e 2011.[10]

Presidiu a British Numismatic Society entre os anos 2004 e 2008.[1][2][3][4][5][11]

Blackburn faleceu de cancro de pel o 1 de setembro de 2011 en Cambridge, onde residía xunto coa súa muller, Fiona Anne Haigh, con quen casara en 1980 e coa que tiña tres fillos.[1][2][3][4][5][6]

Recoñecementos

Estes son os recoñecementos máis salientables acadados por Mark Blackburn ao longo da súa traxectoria:[1]

Escolma de publicacións

Estas son algunhas das monografías máis salientables de M. A. S. Blackburn:[20]

  • (1981): Viking-age coinage in the northern lands : the sixth Oxford Symposium on Coinage and Monetary History (con D. M. Metcalf). 2 vol. Oxford. British Archaeological Reports. ISBN 9780860541509
  • (1986): Medieval European Coinage: With a Catalogue of the Coins in the Fitzwilliam Museum, Cambridge. The early Middle Ages, 5th-10th centuries (con P. Grierson). Cambridge University Press. ISBN 9780521031776
  • (1998): Kings, currency, and alliances : history and coinage of southern England in the ninth century (con D. N. Dunville). Rechester. Boydell Press. ISBN 9780851155982
  • (2007): Royal Coin Cabinet, Stockholm, Part V: Anglo-Saxon Coins: Edward the Confessor and Harold II, 1042-1066 (con F. Colman). Oxford University Press. ISBN 9780197262337
  • (2011): Viking coinage and currency in the British Isles. Londres. Spink. ISBN 9781907427053

Notas