Marin Mersenne

Marin Mersenne, nado en Oizé (Países do Loira) o 8 de setembro de 1588 e finado en París o 1 de setembro de 1648, foi un sacerdote, matemático e filósofo francés, coñecido tamén pola forma latinizada Marinus Mersenius e mesmo como Le Père Mersenne. Estudou diversos campos da teoloxía, das matemáticas e da teoría musical.[1]

Infotaula de personaMarin Mersenne

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1588 Editar o valor em Wikidata
Oizé, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte1 de setembro de 1648 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da mortearma branca
abcesso pulmonar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónPrytanée National Militaire (pt) Traducir
Universidade de París Editar o valor em Wikidata
Coñecido porDefinición dos "números primos de Mersenne". Suxestión acerca da razón principal dun semitón.
Actividade
Campo de traballoTeoría de números Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , teórico da música , físico , musicólogo , teólogo , matemático , astrónomo Editar o valor em Wikidata
AlumnosBlaise Pascal Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua latina e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrdem dos Mínimos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoFrans van Schooten (pt) Traducir e Gilles de Roberval Editar o valor em Wikidata

BNE: XX841183 Musicbrainz: e1ef33e5-310e-43ea-a5d8-3f9a55249d0a Discogs: 2614089 IMSLP: Category:Mersenne,_Marin Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Naceu nunha familia de labregos no departamento francés de Maine e Loira[2], foi educado en Le Mans e na universidade xesuíta de La Flèche, onde coñeceu a René Descartes e cultivou a súa amizade con el. Malia afirmarse en ocasións que foi xesuíta, o certo é que nunca chegou a ingresar na Compañía de Xesús. O 17 de xullo de 1611 fíxose membro da Orde dos Mínimos e dedicouse ao estudo da teoloxía e do hebreo. Despois deste período recibiu a orde sacerdotal en París en 1613.[3]

Logo da súa consagración estivo un tempo ensinando filosofía e teoloxía en Nevers, pero en 1620 regresou a París, onde entrou no convento de L'Annonciade e, en compañía de personaxes como Descartes, Étienne Pascal, Gilles de Roberval e Nicholas-Claude Fabri de Peiresc, estudou matemáticas e música. Tivo unha nutrida correspondencia con diversos eruditos de Francia, Italia, Inglaterra e os Países Baixos, tales como Pierre de Fermat, Galileo Galilei, Giovanni Doni e Christiaan Huygens. Desde 1620 ata 1623 dedicouse exclusivamente a escribir sobre filosofía e teoloxía e a facer as súas primeiras publicacións, nas que refuta as ideas de Giordano Bruno.

Entre as súas viaxes cómpre salientar as que realizou a Italia en tres ocasións, en 1640, 1641 e 1645.

Morreu en París en 1648 a piques de facer os 70 anos, logo dunha serie de complicacións derivadas dunha intervención cirúrxica. No seu testamento vital, pediu que o seu corpo fose sometido a autopsia como derradeiro servizo ao interese da ciencia.

Achegas ao coñecemento

Hoxe lémbrase a Mersenne principalmente grazas aos números que levan o seu nome: os números primos de Mersenne. Mersenne introduciunos no seu Cogitata physico-mathematica de 1641, onde conxecturou acerca dalgunhas propiedades sobre eles, algunhas das cales só se puideron comprobar ou refutar xa no século XX.[4]

Tamén traduciu e comentou as obras de Euclides, Arquímedes e outros matemáticos gregos.

A súa contribución máis sobranceira ao avance do coñecemento realizouna a través dunha extensa correspondencia (en latín) con matemáticos e outros científicos de diversos países. Nun tempo no que as revistas científicas aínda non apareceran, Mersenne foi o máis parecido ao centro dunha rede de intercambio de información científica.

Con todo, Marin Mersenne non foi principalmente matemático[5]. En realidade empezou escribindo sobre teoloxía e filosofía, pero tamén foi un gran tratadista sobre teoría musical e sobre outros temas diversos.

As súas obras filosóficas caracterízanse por unha grande erudición e pola ortodoxia teolóxica máis estrita. O seu maior servizo á filosofía foi o seu entusiasta defensa de Descartes, de quen foi conselleiro e amigo en París e a quen visitou no seu exilio nos Países Baixos.[6] 

Máis tarde, deixou o pensamento especulativo e dedicouse á investigación científica, especialmente en temas como as matemáticas, a física e a astronomía. Entre as obras relacionadas con este período a máis coñecida é a tradución de L'Harmonie universelle (1636), na que se trata a teoría musical e os instrumentos musicais.[7] Unha das súas maiores contribucións a este campo foi a suxestión acerca de cal era a razón principal dun semitón. A descrición de Mersenne da determinación da primeira frecuencia absoluta dun ton audible (84 Hz) implica que, para entón, xa demostrara que a razón da frecuencia absoluta de dúas cordas vibrantes, que dan un ton musical e a súa oitava, é 1:2, e que a harmonía percibida (consonancia) de tales notas podía explicarse se a razón das frecuencias da oscilación do aire tamén era 1:2, o que ofrecía consistencia á hipótese da equivalencia entre as frecuencias da fonte e o movemento do aire.

Obras

Cogitata physico-mathematica, 1644
Harmonie universelle, 1636

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Correspondance du P. Marin Mersenne, religieux minime: publiée et annotée par Cornelis de Waard; avec la collaboration de Armand Beaulieu. Centre National de la Recherche Scientifique. París, 1932-1988. 18 volumes.Armand Beaulieu, Le groupe de
  • "Mersenne" en M. Bucciantini, M. Torrini (eds.), Geometria e atomismo nella scuola galileiana. Florencia, 1992. Páxinas 17 a 34.
  • Beaulieu, Armand. Mersenne, le Grand Minime. Fondation Nicolas-Claude Fabri de Peiresc. 1995.
  • Dear, Peter Robert. Mersenne and the Learning of the Schools. Ithaca, Cornell University Press, 1988.
  • Maury, Jean-Pierre. À l'origine de la recherche scientifique: Marsenne. Vuibert, 2003. ISBN 978-2-7117-5291-7
  • Moreau, Roger. Naissance de l'esprit scientifique: hommage à Marin Mersenne, 1585-1648, París. Anagrammes, Perros Guirec, 2012. ISBN 978-2847190892
  • Gehring, F. "Mersennus, Marin (lle Père Mersenne)". En Grove's Dictionary of Music and Musicians (ed. J.A. Fuller Maitland). 1922.
  • Gómez, Carlos. "Marin Mersenne versus Giordano Bruno: la crítica mersianna al concepto de anima mundi y la condena de la magia". Deimon, Revista de Filosofía, nº 14. 1997. Páxinas 93 e seguintes.