Maria Alice Vergueiro

actriz brasileira

Maria Alice Monteiro de Campos Vergueiro, nada en São Paulo o 19 de xaneiro de 1935 e finada na mesma cidade o 3 de xuño de 2020, foi unha profesora universitaria e actriz e directora teatral brasileira, considerada a meirande actriz experimental brasileira da súa xeración[1].

Infotaula de personaMaria Alice Vergueiro

(2010) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1935 Editar o valor em Wikidata
São Paulo, Brasil Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xuño de 2020 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
São Paulo, Brasil Editar o valor em Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0894120 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Descendente da familia Campos Vergueiro, que forma parte da elite paulista descendente dos fundadores da cidade. Seu pai foi Nicolau Pereira de Campos Vergueiro Neto e súa nai Maria Antônia Borges, entre os seus antepasados figuran o senador Vergueiro, un dos máis influentes políticos da época do Imperio (1822-1889), o barón de Vergueiro, o de Antonina ou o de Ibicuí. Seu tío paterno foi o actor Carlos Vergueiro, un dos fundadores do Teatro Brasileiro de Comedia. Maria Alice estudou pedagoxía na Universidade de São Paulo.

Debutou no teatro en 1962 no espectáculo A Mandrágora, so a dirección de Augusto Boal. Pasou logo ao elenco de actores do Teatro Oficina, onde actuou en 1967 na histórica montaxe O Rei da Vela de Oswald de Andrade, so a dirección de José Celso Martinez Corrêa.

Seguindo as experiencias do teatro experimental norteamericano do Living Theatre, da obra de Bertolt Brecht e do gusto polo grotesco[2] fundou en 1977 con Luiz Roberto Galízia e Cacá Rosset, o Teatro do Ornitorrinco, compañía coa que tamén actuou en diversos espectáculos.

En 1992, actuou e dirixiu o espectáculo O Amor de Dom Perlimplim com Belisa en seu Jardím de Federico García Lorca, inaugurando o segundo grupo da compañía que contou coa colaboración de varios profesionais do elenco principal da compañía como Ricardo Castro, Luciano Chirolli, Gerson Steves; ademais de Rosana Seligman e Wanderley Piras. En 1995 dirixiu a peza Quíntuplos, tamén do segundo grupo, con Christiane Tricerri e Luciano Chirolli entre outros. En 2002, xa afastada do Ornitorrinco, adaptou Mãe Coragem, na que tamén actuou so a dirección de Sérgio Ferrara ao lado de Rubens Caribé e José Rubens Chachá.

Na curtametraxe Tapa na Pantera, dirixida por Esmir Filho, Mariana Bastos e Rafael Gomes interpretou unha dama fumadora marihuana dende hai trinta anos que fala sobre as súas experiencias coa droga. A personaxe creouno a propia actriz. A curta foi un dos primeiros[3] vídeos virais da Internet brasileira tras subirse a YouTube. En 2016 protagonizou a curta Rosinha, dirixida por Gui Campos e que recibiu máis de 40 premios nacionais e internacionais, entre eles o Premio Especial do Xurado no 44º Festival de Gramado.

Foi profesora de teatro na Facultade de Educación e mais na Escola de Comunicacións e Artes da Universidade de São Paulo. En 2003 detectáronlle párkinson[4], e morreu no Hospital das Clínicas de São Paulo, aos 85 anos vítima de pneumonía[4].

Teatro

AnoTítulo
1962A Mandrágora
1964A Ópera de Tres Vinténs, de Bertolt Brecht
1965A Grande Chantagem
1967O Rei da Vela, de Oswald de Andrade. Dirección de Zé Celso Martinez Correa
1972Gracias, Señor. Creación colectiva, dirección de Zé Celso Martinez Correa
1973O Casamento do Pequeno Burguês
1975Galileu Galilei. Dirección de Zé Celso Martinez Correa
1977Delírio Tropical
1977Os Máis Fortes, adpatación de Den starkare de August Strindberg
1977Teatro do Ornitorrinco Canta Brecht e Weillcom dirección de Cacá Rosset e Luiz Roberto Galízia
1978A Ópera do Malandro, de Chico Buarque de Hollanda
1981O Percevejo. Dirección Luís Antônio Martinez Corrêa
1982O Lírio do Inferno
1983Mahagonny Songspiel, de Bertolt Brecht, con dirección de Cacá Rosset
1983O Belo Indiferente, de Jean Cocteau, con dirección de Cacá Rosset
1985O Gosto da Própria Carne
1986Eletra Com Creta, con dirección de Gerald Thomas
1986Katastrophé, dirección de Rubens Rusche
1988A Vella Dama Indigna, con dirección de Cacá Rosset
1989E Ponha o Tedio no...Ó
1989O Doente Imaginário, de Molière, con dirección de Cacá Rosset
1992O Amor de Don Perlimplim con Belisa en seu Xardín, de Federico García Lorca, so a súa dirección
1994A Comedia dos Erros, de William Shakespeare, con dirección de Cacá Rosset
1996No Alvo
1998O Avarento, con dirección de Cacá Rosset
1999Sabah das Bruxas
2002Mãe Coragem e Seus Filhos, con dirección de Sérgio Ferrara
2003Temporada de Gripe, con dirección de Felipe Hirsch
2005O Clásico da Vangarda: documentación e historia
2005Vigília Literaria
2008As Tres Velhas de Alejandro Jodorowsky, so a súa dirección

Cinema

AnoTítuloPersonaxe
1974Amor e Medo
1978O Bom MaridoFreguesa do camelô
1980Maldita Coincidência
Muito PrazerNai
1983O Rei da VelaDona Cesarina
Do Outro Lado da Vida
1984Divina Previdência
1985Non Plus Ultra
1987Urubus e PapagaiosDona Matilde
Carlota Amorosidade
1988RomanceAmiga de Paulo César
1991O CorpoMuller do xefe da policia
OlímpicosXogadora de póker
1992Perfume de Gardênia
PK CadeiaOente
1995Disseram que voltei...Americanizada
1997A Grande NoitadaBrunhilde
2000Cronicamente InviávelSeñora do atropelamento
2004Ato II Cena 5actriz
2005Tudo o Que é Sólido Pode DerreterDona do sebo
2006Tapa na Pantera Pantera
2008RelicárioAvoa
2009Quanto Dura o Amor?Administradora
2010Topografia de um DesnudoEsmoleira</ref>
2011César!Profesora
2013Jogo das DecapitaçõesRenata
2014Rubras MariposasJussara
2016RosinhaRosinha
2018GórgonaEla mesma
2019VergelNai (voz)

Televisión

AnoTítuloPersonagemNota
1987SassaricandoLucrécia
1988Bebê a BordocarcereiraParticipación especial
2000Brava GenteElisinha
2007O SistemaLeda "Rabsicocha" J.
2009Tudo o que É Sólido Pode DerreterDiaño
2010Elvirão Ou Como Vovó Já DiziaElvirão
2016Condomínio Jaquelineadministradora fumadora de maría

Notas