Margaret (lúa)

Margaret é o único satélite irregular con movemento directo de Urano. Foi descuberto por Scott S. Sheppard e o seu equipo, no 2003 e déuselle a designación provisional de S/2003 U 3.[6]

Margaret
Descubrimento
Descuberta porScott S. Sheppard,
e David C. Jewitt
Descuberta en29 de agosto do 2003[1][2]
Características orbitais
Radio orbital medio14 345 000 km[3][4]
Excentricidade0,6608[4] (media)
Período orbital1687,01 d
Inclinación57° (respecto da eclíptica)[3]
Satélite deUrano
Características físicas
Radio medio10 km (estimado)[5]
Área superficial~1.300 km2 (estimada)
Volume~4.200 km³ km3(estimado)
Masa~5,5 x 1015 kg (estimada)
Densidade media1,3 g/cm3 (asumida)
Gravidade superficial~0,0023 m/s2 (estimada)
Velocidade de escape~0,0085 km/s (estimada)
Período de rotación?
Oblicuidade da eclíptica?
Albedo0,04 (asumido)[3]
Temperatura superficial~65 K (estimada)

Confirmado coma Urano XXIII, recibiría máis tarde o nome da criada do heroe da obra de William Shakespeare, Much Ado About Nothing.[1]

Órbita

Satélites irregulares de Urano.

Margaret queda coma único satélite irregular con movemento directo de Urano. O diagrama ilustra os parámetros orbitais de Margaret, únicos entre os satélites irregulares de Urano, amosa a inclinación no eixo vertical e a excentricidade das órbitas ven representada polos segmentos amarelos que se estenden dende o pericentro ó apocentro.

A inclinación de Margaret e de 57°, moi próxima ó límite da estabilidade. As inclinacións intermedias comprendidas entre 60 < i < 140 están baleiras de lúas debido a inestabilidade de Kozai.[3] Nesta rexión inestable, as perturbacións solares no apoapse causan que as lúas destas rexións adquiran grandes excentricidades que encamiñan a estas lúas a colisións ou á súa expulsión orbital nun rango de tempo de entre 10 a 1.000 millóns de anos. A precisión da periapse de Margaret (Pw) é coma mínimo de preto de 1,6 millóns de anos.[4]

No 2008, outorgáselle a excentricidade de Margaret un valor de 0,7979.[7] Isto fai de Margaret a lúa con máis excentricidade do Sistema Solar, aínda que hai que subliñar cá media da excentricidade de Nereida é maior.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas