Marcos Pereiro

actor galego

Marcos Pereiro, nado en Albstadt, en Baden-Württemberg, Alemaña, en 1981,[1] é un actor e humorista galego. Actualmente o humorista reside no concello de Carral.[2]

Infotaula de personaMarcos Pereiro
Biografía
Nacemento1981 Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
Albstadt, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Páxina webmarcospereiro.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2380048 Instagram: mpereiro Editar o valor em Wikidata
Pereiro nunha actuación de Mucha e Nucha.

Traxectoria

Regresou de Alemaña a Culleredo con 8 anos.[2] Interpretou unha personaxe en Terra de Miranda, na TVG, e colaborou no programa Air Galicia interpretando numerosos personaxes.

Xunto co tamén humorista Xosé Antonio Touriñán integra o dúo cómico Os dous de sempre, e interpreta a Nucha no dúo Mucha e Nucha, as irónicas Cantareiras de Ardebullo, que acadaron grande sona no programa Luar.[1]

Dende 2011 dá vida aos personaxes de Kevin José e Ramona Comanecci en Era visto! e no 2012 interpretou o personaxe de Alán no filme de Ignacio Vilar Vilamor.

Dende febreiro de 2016 presenta, xunto con Xosé A. Touriñán e o seu pai, Manolo Pereiro, o programa Buscando Ardebullo.[3]

Filmografía

  • Supermartes (2005), programa de televisión
  • En pé de festa (2006), programa de televisión, interpretando a Nucha e outras personaxes
  • Luar (2008–2011, 2022), programa de televisión, interpretando a Mucha e outras personaxes
  • Air Galicia (2009), programa de televisión, interpretando a varias personaxes entre ellas a máis destacado é Costoya.
  • Era visto! (2011–2014), serie de televisión, interpretou a Kevin Jose
  • Un soño de Nadal (2011), programa especial televisión, interpretando a Nucha e outras personaxes
  • A Casa da Conexa (2012–2014), programa de televisión, interpretando a Nucha e outras personaxes
  • Un conto de Nadal por Mucha e Nucha (2013), programa especial televisión, interpretando a Nucha e outras personaxes
  • Buscando Ardebullo (2016)
  • Viradeira (2016), Interpretando o papel do alcalde da vila
  • HIT (2021), Marcelo profesor de hostalaría nun instituto de Puertollano

Galardóns e nomeamentos

AnoCategoríaTítuloResultado
2011Mellor comunicadorUn soño de NadalNomeado

Notas