Marc Trilles

futbolista español

Marc Trilles Gil, nado en Vilafamés (Castelló), o 8 de agosto de 1991, é un futbolista español que xoga como defensa central no Tarazona, da Primeira División RFEF.

Trilles
Información persoal
NomeMarc Trilles Gil
Nacemento8 de agosto de 1991
Lugar de nacementoVilafamés
Altura1,87 m.
PosiciónDefensa central
Información de club
Club actualTarazona
Número4
Carreira xuvenil
1999–2005Vall d'Alba
2005–2010Castellón
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2010–2011Castellón B9(1)
2010–2014Castellón99(3)
2014–2015Borriol27(3)
2015–2017Atlético Saguntino62(0)
2017–2020Lleida Esportiu69(0)
2020–2023Gimnàstic54(1)
2023–Tarazona19(0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 19 de febreiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Comezou a xogar ao fútbol no Vall d'Alba, antes de ingresar en 2005 na canteira do Castellón.[1] Despois de pasar polas categorías inferiores e polo filial, debutou co primeiro equipo en 2010, na Segunda División, co equipo xa matematicamente descendido. Viviu os peores anos da historia do club, que foi descendido administrativo a Terceira e estivo a piques de desaparecer. Xogou no equipo orellut ata 2014, cando un enfrontamento co presidente David Cruz provocou que o seu contrato non fose renovado a pesar de ser un símbolo para os seareiros do club.[1][2][3]

Aínda que pensou en deixar o fútbol, acabou fichando polo Borriol, de Preferente,[1] onde xogou durante un ano, antes de militar durante dúas campañas no Atlético Saguntino, gañando un ascenso a Segunda B e unha Copa Federación. Entre 2017 e 2020 xogou co Lleida en Segunda B, pasando a continuación outros tres anos no Gimnàstic de Tarragona, antes de fichar en 2023 polo Tarazona.[4]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas