María Vilas Liñares

política española

María Vilas Liñares, nada en Santiago de Compostela o 27 de novembro de 1984, é unha traballadora social no concello de Rois e política galega de Ciudadanos, deputada no Congreso dos Deputados, en 2019, durante dous meses.[1]

Infotaula de personaMaría Vilas Liñares

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1984 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Deputada de España
29 de agosto de 2019 –
← Marta Rivera de la Cruz
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoCiudadanos-Partido de la Ciudadanía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Diplomouse en traballo social pola Universidade de Santiago de Compostela. Militante de Ciudadanos, pertence ao comité autonómico galego e ao consello xeral estatal; asemade é voceira da formación na provincia da Coruña e dende 2016[2] coordinadora da agrupación local compostelá. Nas eleccións municipais de 2019 foi a candidata á alcaldía da súa cidade natal. Foi número dous da súa formación para o Congreso dos Deputados nas eleccións xerais de abril de 2019 pola circunscrición da Coruña. Logo da renuncia da número un, Marta Rivera de la Cruz, que entrou no goberno da Comunidade de Madrid, María Vilas tomou posesión como deputada o 29 de agosto de 2019.[3] Nas eleccións xerais de novembro do mesmo ano repetiu candidatura, desta volta como cabeza de lista, mais non obtivo escano.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas