María Victoria Domínguez

política estremeña

María Victoria Domínguez Paredes, nada en Valdeobispo en 1962, é unha política estremeña, deputada de Cidadáns na Asemblea de Estremadura.

Infotaula de personaMaría Victoria Domínguez

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de abril de 1962 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Valdeobispo, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deputada de España
13 de maio de 2019 –

Circunscrición electoral: Cáceres (en) Traducir

Deputada da Asemblea de Estremadura
23 de xuño de 2015 –

Circunscrición electoral: Cáceres (en) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , avogada Editar o valor em Wikidata
Partido políticoCiudadanos-Partido de la Ciudadanía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: victoriacspla Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Licencenciouse en dereito na Universidade de Salamanca.[1]

Desenvolveu a súa carreira profesional como avogada en Plasencia, con despacho propio que abriu en 1997. Amais exerceu como xuíza en diversas localidades, entre elas Mondoñedo, e entre 1995 e 1997 foi fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Estremadura.

Tamén é profesora titora de dereito do traballo do centro que a UNED ten en Plasencia.[2]

Política

Principiou a súa carreira política na década dos 90 no Partido Popular, formación coa que logrou ser concelleira en Plasencia entre 2003 e 2007.

En 2007 abandonou a formación popular e foi unha das fundadoras de Unión del Pueblo Extremeño (UPEx), e co novo partido entrou de novo na corporación municipal en 2011. En novembro de 2014, UPEx disolveuse para integrarse en Cidadáns.[3] e Domínguez converteuse en militante do partido de Albert Rivera, gañando en marzo de 2015 as primarias para ser a candidata á presidencia de Estremadura[4]. Tras as eleccións do 24 de maio, Domínguez logrou a acta converténdose en deputada da Asemblea de Estremadura, onde é voceira do grupo mixto e secretaria terceira da mesa da Asemblea, amais de presidenta da comisión non permanente de estudo sobre a reforma do Estatuto de Autonomía de Estremadura.[5]

Notas