María Teresa Barge
María Teresa Barge Bello, nada en 1961, é unha política galega. É alcaldesa da Bola dende 2003, pero con tres partidos distintos, entre o 2003 e 2007 con Iniciativa por A Bola, entre o 2007 e 2014 co BNG[1] e dende o 2015 co PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 (62/63 anos) |
Alcaldesa da Bola | |
2003 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | A Bola |
Ocupación | política |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Traxectoria
Secretaria municipal, conseguiu a praza no concello da Bola, onde era alcalde seu pai, Luis Barge. Este, que primeiro fora da UCD, logo de Centristas de Galicia e despois do PPdeG, faleceu en novembro de 2001. Teresa Barge tentou seguir o camiño de seu pai, pero o candidato escollido polo PP foi Antonio Fernández.
Nas eleccións municipais de 2003 presentouse co partido Iniciativa por A Bola, obtivo 4 escanos e foi elixida alcaldesa grazas ao apoio do BNG. Nas municipais de 2007 presentouse polo BNG[2] e acadou a maioría absoluta con 7 escanos, converténdose na primeira muller alcaldesa nacionalista na provincia de Ourense. Nas municipais de 2011 volveu gañar cos mesmos resultados.
Nas eleccións municipais de 2015 preséntase de novo, pero volvendo a trocar de partido, do Bloque Nacionalista Galego ó Partido Popular[3], e consegue unha nova vitoria, desta volta con seis concelleiros.[4] Nas eleccións municipais de 2019 consegue unha cuarta maioría absoluta, con 7 escanos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Predecesor: Demetrio Fernández Freire | alcaldesa da Bola 2003 - actualidade | Sucesor: no cargo |