Manuel Martínez Núñez

mestre e político galego

Manuel Martínez Núñez,[1] nado en Baralla o 12 de setembro de 1954, é un mestre e político galego do partido Galicia Sempre.

Infotaula de personaManuel Martínez Núñez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de setembro de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Baralla
Deputado no Congreso dos Deputados
14 de novembro de 1989 – 13 de abril de 1993

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Deputado no Congreso dos Deputados
9 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Alcalde de Becerreá
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , mestre Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

É diplomado en Maxisterio e licenciado en Pedagoxía. Vinculado ao PSdeG-PSOE dende 1979, foi deputado no Congreso dos Deputados na III e IV lexislaturas (entre 1986 e 1993).[2]

A nivel local foi concelleiro de Becerreá entre 1995 e 2007, ano en que pasou a ser alcalde nas listas do PSdeG-PSOE. Revalidou o cargo en 2011 e 2015, este ano con maioría absoluta. Para as eleccións municipais de 2019 creou un partido ao redor da súa persoa, Galicia Sempre,[3][4] co que acadou a maioría absoluta na alcaldía de Becerreá.[5] Nas eleccións municipais de 2023, malia gañar con 5 concelleiros por 4 do PP e 2 do BNG, baixou 1 concelleiro e perdeu a maioría absoluta anterior.[6] Conseguiu ser alcalde mais os grupos da oposicíón xuntaron os seus votos para deixalo sen adicación exclusiva e, por tanto, sen soldo.[6]

Actividade na Deputación Provincial

Entrou a formar parte da Deputación de Lugo en 1999 e foi deputado provincial polo partido xudicial de Lugo, na que ocupou a Área de Infraestruturas e Obras.[7]

En 2015, tras un veto do BNG a que se convertese en presidente da Deputación, o PSdeG-PSOE designou como candidato a Darío Campos, alcalde da Pontenova. Diante desa circunstancia, Martínez votouse a si mesmo na primeira volta e na segunda votou en branco, o que facilitou que o PPdeG acadase a presidencia da Deputación de Lugo na persoa de Elena Candia.[8] Aos catro meses, volveu á disciplina socialista e facilitou unha moción de censura para que Darío Campos se convertese en presidente da Deputación e el mesmo en vicepresidente e responsable de Vías e Obras.[9] Posteriormente, abandonou o PSdeG-PSOE por segunda vez, quedando como deputado non adscrito.[9]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Predecesor:
Antonio Fernández Pombo

Alcalde de Becerreá

2007 - actualidade
Sucesor:
no cargo