Manga (náutica)
En náutica, manga é a medida do barco no sentido transversal, é dicir, dunha banda á outra (de estribor a babor). Mídese na parte máis ancha do barco (caderna mestra) e indicada polo disco Plimsoll ou marca de francobordo. Ao igual que na eslora, poden existir variacións desta dimensión dependendo das formas do barco e onde sexa medida, tendo:
- Manga máxima: é a máxima medida que ten a embarcación no sentido transversal.
- Manga en flotación: é aquela que é medida na liña de flotación do navío.
A manga intervén directamente na estabilidade e na resistencia ao avance, posto que nun barco máis ancho o brazo adrizante será maior, pero tamén aumentará a resistencia ao avance.
🔥 Top keywords: PortadaEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontGerardo Lorenzo GonzálezMaría JamardoXelucho Abella ChouciñoWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISurFátima IglesiasSegunda guerra mundialHeroínas de SálvoraAWStatsAxuda:IntroduciónA illa das mentirasProne Lugo ADListenbourgRaquel AtanesWikipedia:Artigos de calidadeSecuenciación de proteínasEva Iglesias MiguénsJavier CasqueiroAxuda:Cambios relacionadosPosicións sexuaisProxyPasaporte iroquésEslovaquiaGaliciaColocación do pronome átono en galegoHerbas de san XoánWikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquiasLista de xentilicios de concellos galegosUxía Oviedop06skA CoruñaWikipedia:Advertencia xeralShinovaLista de castelos de Portugalfjra5