Mandioca

especie de planta
Mandioca

Manihot esculenta
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Magnoliophyta
Clase:Magnoliopsida
Orde:Malpighiales
Familia:Euphorbiaceae
Subfamilia:Crotonoideae
Tribo:Manihoteae
Xénero:Manihot
Especie:'M. esculenta'
Nome binomial
'Manihot esculenta'
Crantz

A mandioca[1] (Manihot esculenta), ás veces tamén chamada iuca (cómpre non confundir co xénero Yucca sp), é unha planta tropical euforbiácea (da familia Euphorbiaceae), arbustiva ou arbórea, de até 3 m de altura. Ten raíces tuberosas, follas grandes moi divididas, flores amarelas en acio e froito en cápsula alada.

Manihot esculenta
Mandioca crúa
Valor nutricional por 100 g
Enerxía160 kcal (670 kJ)
38.1 g
Azucres1.7 g
Fibra alimentaria1.8 g
0.3 g
1.4 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
8%
0.087 mg
Riboflavina (B2)
4%
0.048 mg
Niacina (B3)
6%
0.854 mg
Vitamina B6
7%
0.088 mg
Ácido fólico (B9)
7%
27 μg
Vitamina C
25%
20.6 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
2%
16 mg
Ferro
2%
0.27 mg
Magnesio
6%
21 mg
Fósforo
4%
27 mg
Potasio
6%
271 mg
Sodio
1%
14 mg
Cinc
4%
0.34 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga60 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.

A raíz posúe unha fécula alimentaria, velenosa acabada de extraer, mais comestíbel a xeito de tapioca, obtida despois de someter a fécula verde a unha lixeira cocedura[2]. A tapioca é un alimento rico en glícidos como o amidón[3].

Descrición

É un arbusto perennifolio, monoico, con raíces tuberosas engrosadas, fusiformes e fibrosas. As follas son alternas, palmadas e estipuladas.

Usos

Cultívase coma alimento básico en moitos países tropicais. A mandioca é a terceira fonte de glícidos da humanidade.[4][5] A mandioca clasifícase como "doce" ou "amarga" dependendo do nivel da substancia tóxica (glicósidos cianoxénicos) que contén. Unha preparación pouco coidadosa da mandioca causa unha doenza chamada konzo. No entanto os agricultores prefiren cultivar variedades "amargas" xa que son máis resistentes ás pragas.[6]

Raíz de mandioca sen procesar

A raizame da mandioca ten de 5 a 10 cm de diámetro e chega até os 50 a 80 cm de longo. O interior da raíz pode ser branco ou amarelento. É rica en amidón, calcio , fósforo e vitamina C (25 mg/100 g) porén pobre en proteínas e outros nutrientes.

Notas

Ligazóns externas