Microvariability and Oscillations of Stars
(Redirección desde «MOST»)
MOST, acrónimo de Microvariability and Oscillations of Stars, é un observatorio espacial da Axencia Espacial Canadense usado para facer medicións da variabilidade das estrelas. Foi lanzado o 30 de xuño de 2003 desde o cosmódromo de Plesetsk mediante un foguete Rokot.[1][3]
Microvariability and Oscillations of Stars / MOST | |
---|---|
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | Axencia Espacial Canadense[1] |
Data de lanzamento | 30 de xuño de 2003, 14:15 UTC[2][3][4] |
Foguete portador | Rokot[1][3] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk[3][5] |
Obxectivo da misión | Observacións astrosismolóxicas.[3][5] |
NSSDC ID | 2003-031D |
Masa | 51 kg[1][3][5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7201 km[2] |
Inclinación | 98,7 graos[2] |
Apoapse | 830,2 km[2] |
Periapse | 817,4 km[2] |
Características
MOST ten forma de caixa de 65 x 65 x 30 cm e unha masa de 51 kg. Leva como único instrumento un telescopio reflector de 15 cm de apertura para estudar as variacións no brillo das estrelas causadas polas ondas de son na súa superficie e polo tránsito de posibles planetas.[1][3][4]
Os obxectivos científicos de MOST son:[1][2][3]
- Estudar a astrosismoloxía das oscilacións dos modos acústicos e gravitatorios en varios tipos de estrelas.
- Estudar os tránsitos e eclipses de exoplanetas arredor de estrelas de tipo solar e ananas roxas.
- Medir as variacións turbulentas en estrelas masivas e evolucionadas (estrelas Wolf Rayet).
- Medir a estrutura e variabilidade dos discos de gas e po arredor de estrelas da secuencia preprincipal.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial de MOSTArquivado 08 de marzo de 2015 en Wayback Machine.
🔥 Top keywords: PortadaEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontGerardo Lorenzo GonzálezMaría JamardoXelucho Abella ChouciñoWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISurFátima IglesiasSegunda guerra mundialHeroínas de SálvoraAWStatsAxuda:IntroduciónA illa das mentirasProne Lugo ADListenbourgRaquel AtanesWikipedia:Artigos de calidadeSecuenciación de proteínasEva Iglesias MiguénsJavier CasqueiroAxuda:Cambios relacionadosPosicións sexuaisProxyPasaporte iroquésEslovaquiaGaliciaColocación do pronome átono en galegoHerbas de san XoánWikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquiasLista de xentilicios de concellos galegosUxía Oviedop06skA CoruñaWikipedia:Advertencia xeralShinovaLista de castelos de Portugalfjra5