Músculo fibular longo

O músculo peroneal longo ou fibular longo[1] (TA : musculus peroneus longus) é un músculo da perna, que está situado na superficie lateral e externa da perna, xunto ao músculo peroneo curto.

fibular longo ou peroneal longo
Latín[TA]: musculus peroneus longus
Orixetuberosidade externa e cabeza do peroné
Inserción   Primeiro metatarsiano
VascularizaciónArteria fibular
Innervaciónfibular superficial
AcciónsEversion do pé
AntagonistaMúsculo tibial anterior

Orixe e inserción

Orixínase por riba da tuberosidade externa do peroné e na cabeza do peroné; despois do seu percorrido pola parte exterior da perna, convértese nun tendón que pasa por detrás do maléolo lateral do nocello e atravesa oblicuamente o pé polo suco para que o tendón do peroneo longo do cuboides se inserte na cara plantar do primeiro cuneiforme e primeiro metatarsiano.

Innervación

Está innervado polo nervio peroneo superficial.

Acción

Considerado dende o punto de vista da súa acción, o músculo fibular longo estende o pé sobre a perna, sácao cara a fóra e ao mesmo tempo fai que execute un movemento de rotación, en virtude do cal o aspecto plantar se dirixe cara a fóra. É flexor plantar, abdutor e rotador externo do pé (pronador).[2]

Notas

Véxase tamén