Lugar xeométrico
conxunto de puntos que cumpren determinadas condicións ou propiedades xeométricas
Un lugar xeométrico é un conxunto de puntos que cumpren determinadas propiedades xeométricas.
No plano
- A mediatriz é o lugar xeométrico dos puntos que equidistan a dos puntos fixos
e
(os dous extremos dun segmento de recta, por exemplo). É unha recta.
- A bisectriz é o lugar xeométrico dos puntos que equidistan ás dúas rectas que forman un ángulo, que o divide pola metade e pasa polo vértice (punto onde se cortan ditas rectas).
- A paralela media é o lugar xeométrico dos puntos que equidistan a dúas rectas paralelas, sendo un caso de bisectriz dun ángulo nulo.
- O arco capaz é o lugar xeométrico dos puntos cos que, desde un segmento AB, se forma o mesmo ángulo, no arco capaz.
- A circunferencia é o lugar xeométrico dos puntos que equidistan dun punto determinado, o centro, sendo a distancia o valor do raio.
- A elipse é o lugar xeométrico dos puntos tales que a suma da súa distancia a dous puntos fixos, os focos, é unha constante, equivalente á lonxitude do semieixe maior da elipse.
- A parábola é o lugar xeométrico dos puntos cunha distancia a un foco equivalente á súa distancia a unha recta chamada directriz.
- A hipérbole é o lugar xeométrico dos puntos tales que o valor absoluto da diferenza entre as súas distancias a dous puntos fixos, os focos, é igual a unha constante (positiva), que equivale á distancia entre os vértices.
No espazo
Hai figuras xeométricas moi complexas que poden ser descritas mediante o lugar xeométrico xerado polos ceros dunha función ou dun polinomio.En xeral, os lugares xeométricos xerados polos ceros do conxunto de polinomios reciben o nome de variedade alxébrica, e as propiedades de ditas variedades estúdanse na xeometría alxébrica.
Por exemplo, as cuádricas están definidas como o lugar xeométrico dos ceros de polinomios cuadráticos.Exemplos de cuádricas son a esfera, o elipsoide, o paraboloide, o hiperboloide, o cilindro ou o cono.
Véxase tamén
🔥 Top keywords: PortadaÁlvaro MorataEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesVerónica BoqueteEurocopa de FútbolAymeric LaporteDani CarvajalShannen DohertyJesús NavasJoselu MatoEstadio Olímpico de BerlínEleccións ao Parlamento Europeo de 2024Selección de fútbol de EspañaIñaki WilliamsJude BellinghamSegunda guerra mundialJosé Ramón GarcíaRafael NadalLuke PerryPablo AmoWilli BaumeisterDonald TrumpTubingaSan Román de Vilaestrofe, CervoAWStatsWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISelección de fútbol de InglaterraPosicións sexuaisGaliciaAxuda:Cambios relacionadosBlas de LezoGrand Slam (tenis)Novak ĐokovićMartín ZubimendiBenito KamelasLista de castelos de PortugalWikipediaAndrés Iniesta