Luciano Vidán Freiría

banqueiro e político galego

Luciano Vidán Freiría,[1] nado en Santiago de Compostela e finado en Madrid o 6 de xullo de 1967, foi un banqueiro e político galego.

Infotaula de personaLuciano Vidán Freiría

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoSantiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xullo de 1967 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbanqueiro , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Fillo de Alberto Vidán García e Benita Freiría Portela. Funcionario do Banco Anglo-Americano en Vigo, despois pasou a ser secretario-contador da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, da que chegou a ser director-xerente. En 1936 foi nomeado delegado do Goberno no Instituto de Crédito das Caixas de Aforros. Foi nomeado gobernador do Banco Hipotecario Español en agosto de 1936.[2] En Valencia integrouse na Solidaridade Galega Antifeixista cos seus amigos Alejandro Viana Esperón e Laureano Poza Juncal. Logo da derrota da República pasou a Francia e exiliouse na Arxentina, arribando a Buenos Aires no vapor Massilia o 5 de novembro de 1939.[3] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1938 e foi condenado en novembro de 1939 a 8 anos de inhabilitación absoluta e multa de 10.000 pesetas.[4] Na Arxentina traballou na aseguradora "Continental". Foi membro da Comisión de Prensa de Galicia. En 1945 integrou a comisión organizadora da Agrupación Izquierda Republicana na Arxentina con Manuel García Gerpe e Severino Iglesias Siso, da que foi vogal. Visitou Galicia a principios de 1955.[5] Retornou a España e foi subdirector xeral do Banco Mercantil e Industrial en Madrid, director da sucursal de Madrid do Banco Rural y Mediterráneo, pasando en 1958 a ser subdirector do banco.[6] Morreu en Madrid o 6 de xullo de 1967 e foi soterrado no cemiterio de San Domingos de Santiago de Compostela.[7][8]

Vida persoal

Casou con María Celina Sanmartín García en 1935.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía