Lucía Puenzo

cineasta e escritora arxentina

Lucía Puenzo, nada en Buenos Aires o 28 de novembro de 1976, é unha escritora, directora e guionista de cine arxentina, que ademais traballa con produción executiva e investigación.

Infotaula de personaLucía Puenzo

(2012) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscuela Nacional de Experimentación y Realización Cinematográfica (en) Traducir
Universidade de Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cinema , escritora , novelista , guionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiLuis Puenzo Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0699932 Allocine: 190643 Allmovie: p406384 BNE: XX1670652 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Puenzo formouse en Guión Cinematográfico na Escola Nacional de Experimentación e Realización Cinematográfica (ENERC) de Buenos Aires, graduándose en 2000.

Debutou como novelista en 2004 coa novela El niño pez e desde estón escribiu: Nueve minutos (2005), La maldición de Jacinta Pichimahuida (2007), La furia de la langosta (2009), Wakolda (2010), que foron traducidas a outros idiomas.

Antes da publicación destes libros, Lucía Puenzo traballara no cine como guionista e en 2007 dirixiu a súa primeira película, XXY, coa que obtivo máis de 20 premios internacionais, entre eles o Grand Prix da Semana da Crítica no Festival de Cannes dese ano. O filme foi candidato aos Premios Goya e gañou o Ariel á mellor cinta estranxeira; recibiu tamén galardóns á mellor película e á mellor dirección nos festivais de Edimburgo, Bangkok, de Atenas e de Montreal, entre outros. A este filme seguiulle ao ano seguinte Los invisibles e en 2009 estreou a primeira adaptación dunha novela: El niño pez.

En 2013 levou ao cine, co mesmo título, o seu libro Wakolda, que se desenvolve en Bariloche e trata sobre a estancia na Arxentina do criminal nazi Josef Mengele. Coprodución de varios países, en España estreouse baixo o nome de El médico alemán. No segundo Festival Internacional Unasur Cine, celebrado en San Juan, obtivo catro premios: mellor película, mellor dirección (Lucía Puenzo), mellor actriz (Natalia Oreiro) e revelación (Florencia Bado).[1][2]

En 2010 a revista británica Granta e Granta en español seleccionárona como unha das 22 mellores escritoras en castelán menores de 35 anos.[3]

É filla do tamén director de cine Luís Puenzo.

Filmografía

AnoPelículaPapel
2000(H) Historias cotidianasGuionista
2003La puta y la ballena
2006A través de tus ojos
2007XXYDirectora e guionista
2008Los invisiblesDirectora
2009El niño pezDirectora e guionista
2010Más adelante (curta)Directora
2013WakoldaDirectora e guionista
AnoFicciónPapel
2015Cromo (serie de TV)Directora

Novelas

  • El niño pez, Beatriz Viterbo, Buenos Aires, 2004 (Emecé/Planeta 2013)
  • Nueve minutos, Beatriz Viterbo, Buenos Aires, 2005 (Emecé/Planeta 2013)
  • La maldición de Jacinta Pichimahuida, Interzona, Buenos Aires, 2007 (Emecé/Planeta 2013)
  • La furia de la langosta, Mondadori, Buenos Aires, 2009 (España: Duomo Ediciones, 2013)
  • Wakolda, Emecé/Planeta, 2011 (España: 2013)
  • Los invisibles, TusQuets, 2018

Premios e nomeamentos

AnoCategoríaPelículaResultado
2007Mellor película estranxeiraXXYGañadora
2014Mellor película estranxeiraWakoldaNomeada

Premio Ariel

AnoCategoríaPelículaResultado
2008Mellor película iberoamericanaXXYGañadora

Premio Cóndor de Prata

AnoCategoríaPelículaResultado
2008Mellor películaXXYGañadora
Mellor directorNomeada
Mellor guión adaptadoGañadora
2014Mellor películaWakoldaGañadora
Mellor directorGañadora
Mellor guión adaptadoGañadora

Outros premios

  • Atenas de Ouro 2008 por XXY (Festival Internacional de Cine de Atenas)
  • Premio Kinnaree de Ouro 2007 por XXY (Festival Internacional de Cine de Bangkok)
  • India Catalina de Ouro 2008 por XXY (Festival de Cine de Cartagena)
  • Premio a Novo Director 2008 por XXY (Festival Internacional de Cine de Edimburgo)
  • Premio dos Críticos de Cine do Quebec 2007 por XXY (Festival de Cine Novo de Montreal)
  • Premios á mellor película e mellor dirección do segundo Festival Internacional Unasur Cine, celebrado en San Juan, por Wakolda (o filme obtivo ademais o premio á mellor protagónista —Natalia Oreiro— e actriz revelación, Florencia Bado)
  • Mellor guión por Wakolda no Latin Beat Film Festival de Tokio (Xapón, 2013)
  • Nomeada aos Premios Platino 2014 á Mellor Película, Mellor Dirección e Mellor Guión por Wakolda[4].

Notas

Ligazóns externas