Lonzo Ball

baloncestista estadounidense

Lonzo Anderson Ball, nado o 27 de outubro de 1997 en Anaheim, California, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Chicago Bulls da National Basketball Association (NBA).

Lonzo Ball
Chicago Bulls – No. 2
PosiciónBase
Información persoal
Nacemento27 de outubro de 1997 (26 anos)
California Anaheim, California
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Altura1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial95 kg (210 lb)
Información da carreira
InstitutoChino Hills (Chino Hills, California)
UniversidadeUCLA (2016–2017)
NBA Draft2017 / Rolda: 1 / Elección: 2
Por Los Angeles Lakers
Carreiradende 2017
Historial de equipos
Los Angeles Lakers (2017–2019)
New Orleans Pelicans (2019–2021)
Chicago Bulls (2021–presente)

Traxectoria profesional

O 22 de xuño de 2017, Ball foi elixido na 2ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Los Angeles Lakers.[1] O 3 de xullo de 2017, asinou o seu contrato de rookie cos Lakers.[2] Foi elixido mellor xogador da Liga de Verán da NBA de 2017 en Las Vegas, tras facer 16.3 puntos, 9.3 asistencias, 7.7 rebotes, 2.5 roubos e 1.0 tapóns por partido.[3]

O 6 de xullo de 2019, Ball foi traspasado xunto a Brandon Ingram, Josh Hart, os dereitos de De'Andre Hunter e dúas eleccións da primeira rolda do Draft ós New Orleans Pelicans, a cambio de Anthony Davis.[4]

O 8 de agosto de 2021, Ball foi traspasado ós Chicago Bulls.[5]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas