Litio

elemento químico de símbolo Li e número atómico 3

O litio é un elemento químico de símbolo Li e número atómico 3. Na táboa periódica dos elementos, encóntrase no grupo 1, entre os elementos alcalinos.[2] Na súa forma pura, é un metal mol, de cor branca prata, que se oxida rapidamente en aire ou auga. É o elemento sólido máis lixeiro e emprégase especialmente en aliaxes condutoras da calor, en baterías eléctricas e, as súas sales, no tratamento de certos tipos de depresión.[3]

Litio
H
 
 
3
Li
 
        
        
                  
                  
                                
                                
Li
Na
HelioLitioBerilio
Táboa periódica dos elementos
[[Ficheiro:{{{espectro}}}|300px|center]]
Liñas espectrais do Litio
Información xeral
Nome, símbolo, númeroLitio, Li, 3
Serie químicaAlcalinos
Grupo, período, bloque1, 2, s
Densidade5,35 kg/m3
Dureza{{{dureza}}}
AparenciaBranco prateado/gris
N° CAS{{{CAS}}}
N° EINECS{{{EINECS}}}
Propiedades atómicas
Masa atómica6,938–6,997[1] u
Raio mediopm
Raio atómico (calc)167 pm
Raio covalente134 pm
Raio de van der Waals183 pm
Configuración electrónica[He]2s1
Electróns por nivel de enerxía2
Estado(s) de oxidación1 (base forte)
Óxido{{{óxido}}}
Estrutura cristalinacúbica centrada no corpo
Propiedades físicas
Estado ordinarioSólido (non magnético)
Punto de fusión453,69 K
Punto de ebulición1615 K
Punto de inflamabilidade{{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpía de vaporización145,92 kJ/mol
Entalpía de fusión3 kJ/mol
Presión de vapor{{{presión_vapor}}}
Temperatura crítica{{{T_crítica}}} K
Presión crítica{{{P_crítica}}} Pa
Volume molar{{{volume_molar}}} m3/mol
Velocidade do son6000 m/s a 293.15 K (20 °C)
Varios
Electronegatividade (Pauling)0,98
Calor específica3582 J/(K·kg)
Condutividade eléctrica10,8 × 106 S/m
Condutividade térmica84,7 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización520,2 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización7298,1 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización11815,0 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización{{{E_ionización4}}} kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización{{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización{{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización{{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización{{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización{{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización{{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
isoANPeríodoMDEdPD
MeV
6Li0,075estable con 3 neutróns
7Li0,925estable con 4 neutróns
8LiSintético838 msβ-16,0048Be
Unidades segundo o SI e en condicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria.

Características principais

É o metal máis lixeiro, a súa densidade é tan só a metade da que ten a auga.[4] Ó igual que os demais metais alcalinos é univalente e moi reactivo, aínda que menos que o sodio, polo que non se encontra libre na natureza. Achegado a unha chama tórnaa carmesí pero se a combustión é violenta a chama adquire unha cor branca brillante.

Aplicacións

Pola súa elevada calor específica, o maior de tódolos sólidos, emprégase en aplicacións de transferencia de calor e polo seu elevado potencial electroquímico constitúe un ánodo adecuado para as baterías eléctricas. Ademais ten outros usos:[5]

  • As sales de litio, particularmente o carbonato de litio (Li2CO3) e o citrato de litio, empréganse no tratamento da manía e a depresión bipolar, aínda que ultimamente, tense estendido o seu uso á depresión unipolar.
  • O cloruro de litio e o bromuro de litio teñen unha elevada higroscopicidade polo que son excelentes secantes. O segundo emprégase nas bombas de calor de absorción, entre outros compostos como o nitrato de litio.
  • O estearato de litio é un lubricante de propósito xeral en aplicacións a alta temperatura.
  • O litio é un axente aliante empregado na síntese de compostos orgánicos.
  • O hidróxido de litio úsase nas naves espaciais e submarinos para depurar o aire extraendo o dióxido de carbono.
  • É compoñente común das aliaxes de aluminio, cadmio, cobre e manganeso empregadas na construción aeronáutica, e empregouse con éxito na fabricación de cerámicas e lentes, como a do telescopio de 0,5 m do monte Palomar.
  • Batería de litio
    Tamén ten aplicacións nucleares. Específicamente, o litio deuterido (LiD) é empregado en dispositivos termonucleares como combustible de fusión​.[6]

Historia

O litio (do grego λιθίον, pedra ou pedriña) foi descuberto por Johann Arfvedson no 1817.[7] Arfvedson encontrou o novo elemento na espodumena e lepidolita dun mineral de petalita, LiAl(Si2O5)2, da illa Utö (Suecia) que estaba analizando. No ano 1818 C.G. Gmelin foi o primeiro en observar que os sales de litio tornan a chama dunha cor vermella brillante. Ambos os dous intentaron, sen éxito, illar o elemento dos seus sales, o que finalmente conseguiron W.T. Brande e Humphrey Davy mediante electrólise do óxido de litio.[8]

O nome do elemento provén do feito de ter sido descuberto nun mineral, mentres que o resto dos metais alcalinos foron descubertos en tecidos de plantas.[3]

En 1923 a empresa alemá Metallgesellschaft AG comezou a producir litio mediante a electrólise do cloruro de litio e cloruro de potasio fundidos.[9]

Abundancia e obtención

É un metal escaso na codia terrestre que se encontra disperso en certas rochas, pero nunca libre, dada a súa gran reactividade. Encóntrase en pequena proporción nas rochas volcánicas e sales naturais.

Dende a segunda guerra mundial, a produción de litio tense incrementado enormemente, separándoo das rocas das que forma parte e das augas minerais. Os principais minerais dos que se extrae son lepidolita, petalita, espodumena e ambligonita. En Estados Unidos obtense das salinas de California e Nevada principalmente.[10]

En Boticas, no Norte de Portugal está proxectada e aprobada a mina Barroso Lithium, a maior de Europa a ceo aberto, impulsada pola empresa Savanna Resources, participada por Mário Ferreira.[11][12] A mina ten como obxectivo fornecer o litio para a cadea de valor das baterías. O proxecto recibiu críticas por supostos impactos ambientais e sociais, xa que pode afectar o ecosistema local e as fontes de auga. A empresa presentou varias veces a avaliación de impacto ambiental á Agência Portuguesa do Ambiente (APA), que foi revisada e requiriu modificacións antes da súa aprobación​.[13][14] Ademais, hai resistencia da comunidade local en Boticas, preocupada pola posible polución, a perda de terras agrícolas e o impacto na calidade de vida.[15][16]

Isótopos

Os isótopos estables do litio son dous, Li-6 e Li-7, sendo este último o máis abundante (92,5%). Caracterizáronse seis radioisótopos sendo os máis estables o Li-8 cun período de semidesintegración de 838 milisegundos e o Li-9 con 178,3 ms de vida media. O resto de isótopos radioactivos teñen vidas medias menores de 8,5 ms.

Os pesos atómicos do litio varían entre 4,027 e 11,0348 uma do Li-4 e o Li-11 respectivamente. O modo de desintegración principal dos isótopos máis lixeiros que o isótopo estable máis abundante (Li-7) é a emisión protónica (cun caso de desintegración alfa) obténdose isótopos de helio; mentres que nos isótopos máis pesados o modo máis habitual é a desintegración beta, (con algún caso de emisión neutrónica) resultando isótopos de berilio.[17]

O Li-7 é un dos elementos primordiais, producidos por síntese nuclear tralo Big Bang. Os isótopos de litio fracciónanse substancialmente nunha gran variedade de procesos naturais, incluíndo a precipitación química e a formación de minerais, procesos metabólicos, e a substitución do magnesio e o ferro en redes cristalinas de minerais arxilosos nos que o Li-6 é preferido fronte o Li-7 etc.[9]

Precaucións

O igual que outros metais alcalinos, o litio puro é altamente inflamable e lixeiramente explosivo cando se expón ó aire e especialmente á auga. É ademais corrosivo polo que require o emprego de medios adecuados de manipulación para evitar o contacto coa pel. Débese almacenar nun líquido hidrocarburo inflamable como nafta. O litio considérase lixeiramente tóxico.[9]

Rol biolóxico

Os sales de litio empréganse no tratamento da depresión e aínda que se descoñece o mecanismo concreto de actuación crese que é por desprazamento do sodio. O rol biolóxico do litio non está ben definido e non hai consenso sobre a súa esencialidade. A pesar de que se descoñece o mecanismo preciso polo cal o litio exerce os seus efectos estabilizadores do humor, hipóteses suxiren que pode inhibir a excitotoxicidade, modular a función de varias proteínas e enzimas, e proporcionar efectos neuroprotectores​.[18]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía