Lista de adestradores gañadores da Copa de Europa e da Liga de Campións da UEFA

artigo de listas da Wikimedia

A Copa de Europa foi unha competición de fútbol disputada entre 1956 e 1992. O adestrador español José Villalonga levou ao Real Madrid á vitoria na primeira edición e repetiu a fazaña na tempada seguinte. Os clubs e técnicos ingleses dominaron a competición a finais da década de 1970 e principios da de 1980, gañando todos os torneos entre 1977 e 1982. A pesar diso, os adestradores italianos son os que máis títulos posúen, despois de gañar once edicións desde 1956.

Trofeo da Liga de Campións da UEFA

A competición converteuse na Liga de Campións da UEFA en 1992,[1] e o belga Raymond Goethals, á fronte do Olympique de Marsella, conquistou o primeiro título tralo cambio de denominación.

Carlo Ancelotti é o único adestrador que gañou o torneo en catro ocasións (dous co Milan e dous co Real Madrid), e o único en disputar cinco finais. Bob Paisley e Zinedine Zidane gañaron tres veces, o primeiro deles co Liverpool e o segundo co Real Madrid. Outros 17 adestradores gañaron o título en dúas ocasións, e só cinco deles o lograron con dous clubs diferentes: Carlo Ancelotti co Milán en 2003 e 2007 e co Real Madrid en 2014 e 2022; Ernst Happel co Feyenoord en 1970 e co Hamburgo SV en 1983; Ottmar Hitzfeld co Borussia Dortmund en 1997 e co Bayern de Múnic en 2001; José Mourinho, co Porto en 2004 e co Inter de Milán en 2010; e Jupp Heynckes co Real Madrid en 1998 e co Bayern de Múnic en 2013. Sete homes gañaron o torneo tanto como xogador como como adestrador: Miguel Muñoz, Giovanni Trapattoni, Johan Cruyff, Ancelotti, Frank Rijkaard, Pep Guardiola e Zidane.[2][1]

Por ano

Carlo Ancelotti converteuse no primeiro e único adestrador en gañar catro títulos, despois de gañar o cuarto deles co Real Madrid en 2022. Ademais é o adestrador con máis finais disputadas, 5.
Bob Paisley foi o primeiro adestrador en gañar o título tres veces, todas co Liverpool.
Zinedine Zidane é o único adestrador que gañou tres títulos consecutivos, todos co Real Madrid.
Brian Clough gañou dous títulos consecutivos como adestrador do Nottingham Forest.
Ernst Happel foi o primeiro adestrador en gañar o título con dous clubs diferentes.
Ottmar Hitzfeld, adestrador gañador en 1997 e 2001.
Jupp Heynckes, gañador en 1998 e 2013.
Alex Ferguson gañou dous títulos como adestrador do Manchester United en 1999 e 2008, e chegou a outras dúas finais.
Vicente del Bosque gañou dous títulos como adestrador do Real Madrid en 2000 e 2002.
José Mourinho, gañador en 2004 e 2010.
Pep Guardiola gañou dous títulos como adestrador do Barcelona en 2009 e 2011.
TempadaAdestradorClub
1955–56 José Villalonga Real Madrid
1956–57 José Villalonga Real Madrid
1957–58 Luis Carniglia Real Madrid
1958–59 Luis Carniglia Real Madrid
1959–60 Miguel Muñoz Real Madrid
1960–61 Béla Guttmann Benfica
1961–62 Béla Guttmann Benfica
1962–63 Nereo Rocco Milan
1963–64 Helenio Herrera Inter de Milán
1964–65 Helenio Herrera Inter de Milán
1965–66 Miguel Muñoz Real Madrid
1966–67 Jock Stein Celtic
1967–68 Matt Busby Manchester United
1968–69 Nereo Rocco Milan
1969–70 Ernst Happel Feyenoord
1970–71 Rinus Michels Ajax
1971–72 Ștefan Kovács Ajax
1972–73 Ștefan Kovács Ajax
1973–74 Udo Lattek Bayern de Múnic
1974–75 Dettmar Cramer Bayern de Múnic
1975–76 Dettmar Cramer Bayern de Múnic
1976–77 Bob Paisley Liverpool
1977–78 Bob Paisley Liverpool
1978–79 Brian Clough Nottingham Forest
1979–80 Brian Clough Nottingham Forest
1980–81 Bob Paisley Liverpool
1981–82 Tony Barton Aston Villa
1982–83 Ernst Happel Hamburgo
1983–84 Joe Fagan Liverpool
1984–85 Giovanni Trapattoni Juventus
1985–86 Emerich Jenei Steaua Bucarest
1986–87 Artur Jorge Porto
1987–88 Guus Hiddink PSV Eindhoven
1988–89 Arrigo Sacchi Milan
1989–90 Arrigo Sacchi Milan
1990–91 Ljupko Petrović Estrela Vermella
1991–92 Johan Cruyff Barcelona
1992–93 Raymond Goethals Olympique de Marsella
1993–94 Fabio Capello Milan
1994–95 Louis van Gaal Ajax
1995–96 Marcello Lippi Juventus
1996–97 Ottmar Hitzfeld Borussia Dortmund
1997–98 Jupp Heynckes Real Madrid
1998–99 Alex Ferguson Manchester United
1999–00 Vicente del Bosque Real Madrid
2000–01 Ottmar Hitzfeld Bayern de Múnic
2001–02 Vicente del Bosque Real Madrid
2002–03 Carlo Ancelotti Milan
2003–04 José Mourinho Porto
2004–05 Rafael Benítez Liverpool
2005–06 Frank Rijkaard Barcelona
2006–07 Carlo Ancelotti Milan
2007–08 Alex Ferguson Manchester United
2008–09 Pep Guardiola Barcelona
2009–10 José Mourinho Inter de Milán
2010–11 Pep Guardiola FC Barcelona
2011–12 Roberto Di Matteo Chelsea
2012–13 Jupp Heynckes Bayern de Múnic
2013–14 Carlo Ancelotti Real Madrid
2014–15 Luis Enrique Barcelona
2015–16 Zinedine Zidane Real Madrid
2016–17 Zinedine Zidane Real Madrid
2017–18 Zinedine Zidane Real Madrid
2018–19 Jürgen Klopp Liverpool
2019–20 Hansi Flick Bayern München
2020-21 Thomas Tuchel Chelsea
2021-22 Carlo Ancelotti Real Madrid

Adestradores con múltiples títulos

PosNacionalidadeAdestradorNº de títulosTempadasClub(s)
1 ItaliaCarlo Ancelotti42002–03, 2006–07, 2013–14, 2021–22Milan, Real Madrid
2 InglaterraBob Paisley31976–77, 1977–78, 1980–81Liverpool
FranciaZinedine Zidane32015–16, 2016–17, 2017–18Real Madrid
4 EspañaJosé Villalonga21955–56, 1956–57Real Madrid
ArxentinaLuis Carniglia21957–58, 1958–59Real Madrid
HungríaBéla Guttmann21960–61, 1961–62Benfica
ArxentinaHelenio Herrera21963–64, 1964–65Inter de Milán
EspañaMiguel Muñoz21959–60, 1965–66Real Madrid
ItaliaNereo Rocco21962–63, 1968–69Milan
RomaníaȘtefan Kovács21971–72, 1972–73Ajax
AlemañaDettmar Cramer21974–75, 1975–76Bayern de Múnic
InglaterraBrian Clough21978–79, 1979–80Nottingham Forest
AustriaErnst Happel21969–70, 1982–83Feyenoord, Hamburger SV
ItaliaArrigo Sacchi21988–89, 1989–90Milan
Alemaña OccidentalOttmar Hitzfeld21996–97, 2000–01Borussia Dortmund, Bayern de Múnic
EspañaVicente del Bosque21999–00, 2001–02Real Madrid
EscociaAlex Ferguson21998–99, 2007–08Manchester United
PortugalJosé Mourinho22003–04, 2009–10Porto, Inter de Milán
EspañaPep Guardiola22008–09, 2010–11Barcelona
AlemañaJupp Heynckes21997–98, 2012–13Real Madrid, Bayern de Múnic
Grosa=Aínda en activo


Por nacionalidade

NacionalidadeNúmero de
títulos
Italia12
Alemaña[a]10
España10
Inglaterra7
Países Baixos5
Arxentina[b]4
Escocia4
Francia3
Portugal3
Romanía3
Austria2
Hungría2
Bélxica1
Iugoslavia1

Notas