Liquidámbar

xénero de plantas
Liquidámbar (xénero Liquidambar)

Liquidámbar oriental (Liquidambar orientalis) in Franz Eugen Köhler, Medizinal-Pflanzen, 1897
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Fanerógama Magnoliophyta
Clase:Magnoliopsida
Orde:Saxifragales
Familia:Altingiaceae
Xénero:Liquidambar
L.
Especies

véxase texto.

Os liquidámbar (nome científico Liquidambar) é un xénero de fanerógamas pertencente á familia Altingiaceae, que ás veces é considerada como unha parte de Hamamelidaceae. Comprende 4 especies. O autor do xénero, Linné, clasificábao preto dos Platanaceae.

En Galicia atopámolos principalmente nas cidades coma ornamentais.

Descrición

Son árbores grandes, caducifolias, 25 a 40 m de altura, con follas palmadas, lobuladas, en arranxo espiralado nas pólas. As flores son miúdas e producen unha inflorescencia globular e mesta de 1 a 2 cm de diámetro e pénsiles a 3 a 7 cm da póla. O froito é unha cápsula lígnea, múltiple, de 2 a 4 cm de diámetro, con numerosas sementes.

Especies

O xénero estaba moito máis espallado no Terciario, porén desapareceu de Europa por mor da extensa e intensa glaciación no norte e nos Alpes, que sirviu como parede contra a migración do sur. Desapareceu do oeste de América do Norte por mor de variacións climáticas, e por condicións demasiado frías na estepa rusa. Hai numerosas especies fósiles de Liquidambar que amosan ese status de relictismo actual.

Usos

É unha popular árbore ornamental, particularmente en áreas temperadas con veráns calorosos. Plántase principalmente pola súa follaxe, xa que no outono tórnase a fermosas cores amarelas e arroibadas.

En Galicia plántase moito en xardíns e rúas urbanas.

As árbores producen unha goma coñecida coma storax, usada na menciña tradicional. Esta goma contén unha pequena cantidade dun hidrocarburo aromático o estireno; o estudo do estireno extraído da goma do Liquidambar orientalis deu por resultado a síntese en 1925 do primeiro polímero poliestireno, por parte da industria petroquímica alemá.

Liquidambar styraciflua

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Hsu, E. & Andews, S. (2005). Árbore do Ano: Liquidámbar

Libro do Ano da Sociedade Internacional de Dendroloxía 2004: 11-45