Linguas muskogees

familia de linguas

As linguas muskogees[1] son unha familia lingüística do sueste dos Estados Unidos de América. Malia que non hai un claro consenso no tocante á súa interrelación, as linguas muskogees son xeralmente divididas en dúas pólas, o muskogee occidental e o oriental. Son linguas aglutinantes.

Expansión das linguas muskogees antes da chegada dos europeos.

Clasificación

A familia muskogee consta de seis linguas que aínda se falan na actualidade: alabama, chickasaw, choctaw, creek-seminole, koasati e mikasuki, así como as extintas apalachee, houma e hitchiti (considerada como un dialecto do mikasuki).[2] "Seminole" é listado como unha lingua muskogee na clasificación de Hardy, pero xeralmente é considerado un dialecto do creek, máis que unha lingua separada.

Clasificación de Haas

  • Muskogee occidental
  • Muskogee oriental
    • Creek-Seminole (tamén chamado Muskogee, Maskoke, Seminole)
    • Hitchiti-Mikasuki (tamén chamado Miccosukee)
    • Apalachee–Alabama–Koasati
      • Apalachee (†)
      • Alabama (tamén chamado Alibamu)
      • Koasati (tamén chamado Coushatta)

Clasificación de Munro

Muskogee setentrional:

Muskogee meridional:

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas