Linguas cuxitas

subgrupo de linguas da familia afroasiática

As linguas cuxitas[1] son unha póla da familia de linguas afroasiáticas. Son faladas principalmente no Corno de África, mais tamén existen minorías que falan linguas cuxitas máis ao norte, en Exipto e o Sudán, e máis ao sur en Kenya e Tanzania. No ano 2012, as linguas cuxitas con máis dun millón de falantes eran o oromo, o somalí, o bexa, o afar, o hadiyya, o kambaata, o saho e o sidamo.[2]

Lingua cuxitas
Falado en:Etiopía, Eritrea, Djibuti, Somalia, Exipto, o Sudán, Kenya e Tanzania.
Rexións: Corno de África
Total de falantes:
Familia:Afroasiática
 Lingua cuxitas
Códigos de lingua
ISO 639-1:--
ISO 639-2:---
Mapa
Status

Status oficial

Mapa das linguas cuxitas.

No 2021, as linguas cuxitas con maior número total de falantes son o oromo (37 millóns),[3] o somalí (22 millóns),[4] o bexa (3,2 millóns),[5] o sidamo (3 millóns),[6] e o afar (2 millóns).[7]

O oromo é unha das linguas oficiais de Etiopía[8] e é tamén a lingua habitual de varios dos estados do sistema federal etíope, incluíndo os estados rexionais de Oromia,[9] Harari e Dire Dawa, así a Zona de Oromia dentro da Rexión de Amhara.[10]

O somalí é a primeira das dúas linguas oficias de Somalia e a terceira das linguas oficiais da autodeclarada república de Somalilandia.[11][12] Tamén é lingua de ensino en Djibuti,[13] e lingua habitual da Rexión de Somali en Etiopía.[10]

O bexa, o afar, o blin e o saho son as linguas cuxitas faladas en Eritrea, sendo linguas de ensino no currículo da escola elemental de Eritrea.[14] A constitución de Eritrea tamén recoñece a igualdade de todas as linguas nativas faladas.[15] Ademais, o afar é lingua no ensino en Djibuti,[13] e lingua habitual na Rexión de Afar, en Etiopía.[10]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía