Lingua shona

A lingua shona ou chiShona é a máis falada das linguas bantú, falada polo pobo shona de Cimbabue. O termo tamén se pode empregar para identificar ós pobos que falan algunha das variedades do shona central: zezuru, karanga, manyika e korekore. Baseándose nun artigo de 1931 de Clement Doke, o shona estándar desenvolveuse a partir das diferentes variedades do shona central. Xa que a capital atópase na rexión Zezuru, esta variedade fíxose dominante na lingua estándar.

Shona
chiShona
Falado en:Cimbabue, Mozambique
Total de falantes:8,3 millóns (2007)
Posición: 93
Familia:Atlántico-congolesa
 Benue–congolesa
  Bantoide meridional
   Bantú
    Shona (S.10)
     Shona
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: Cimbabue Cimbabue
Códigos de lingua
ISO 639-1:sn
ISO 639-2:sna
ISO 639-3: sna
Mapa
Status

O shona está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O shona é unha das linguas oficiais de Cimbabue. Outros países con falantes shona son Botswana, Mozambique e Zambia por mor da chegada de refuxiados provocados pola crise económica de Cimbabue.

Falantes

O shona é a máis falada das linguas bantú segundo o número de falantes nativos. Segundo o Ethnologue,[2] o shona, abrangue os dialectos karanga, zezuru e korekore, uns 10,8 millóns de persoas. O manyika e o ndau[3][4][5] son clasificados como linguas diferentes por Ethnologue,[6] e son falados por 1 025 000[7] e 2 380 000[8] de persoas, respectivamente. O número total podería roldar os 14,2 millóns. O zulú é a segunda lingua bantú máis falada, con 10,3 millóns de falantes segundo Ethnologue.[9]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Biehler, E. (1950) A Shona dictionary with an outline Shona grammar (revised edition). The Jesuit Fathers.
  • Brauner, Sigmund (1995) A grammatical sketch of Shona : including historical notes. Köln: Rüdiger Koppe.
  • Carter, Hazel (1986) Kuverenga Chishóna: an introductory Shona reader with grammatical sketch (2nd edition). Londres: SOAS.
  • Doke, Clement M. (1931) Report on the unification of the Shona dialects. Stephen Austin Sons.
  • Mutasa, David (1996) The problems of standardizing spoken dialects: the Shona experience, Language Matters, 27, 79
  • Lafon, Michel (1995), Le shona et les shonas du Zimbabwe, Harmattan éd., París (en francés)