Lingua puelche

lingua da familia chon

O puelche[2] é unha lingua morta falada outrora polo pobo puelche que habitaba na rexión de Río Negro, na Arxentina. O puelche foi considerado durante moito tempo como unha lingua illada. De acordo coa limitada evidencia, Viegas Barros (1992) suxeriu que o puelche podería estar relacionado coa lingua dos querandís, un dos pobos het, e Viegas Barros (2005) suxeriu que estaba realacionado coas lingua chon.[3] Ademais, existe outra teoría que o relaciona coas linguas macro-xívaras.

Puelche
Gününa Küne
Falado en:Arxentina
Rexións: Provincia de Río Negro
Extinción:1934 (coa morte de Trruúlmani)
Familia:Chon
 Puelche–Het ?
  Puelche
Códigos de lingua
ISO 639-1:--
ISO 639-2:---
ISO 639-3: pue
Mapa
Status

O puelche está clasificado como extinto polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Nome

A lingua tamén é coñecida como gününa küne, gennaken (guenaken), tehuelche do norte, gününa yajich, ranquelche ou pampa.

Notas