Lingua paiute do sur

lingua númica da familia uto-azteca

A lingua paiute do sur, tamén coñecida como lingua númica do río Colorado, ute, paiute do sur-ute ou ute-chemehuevi, é unha lingua númica da familia uto-azteca falada polo pobo paiute nos Estados Unidos de América. É un continuo dialectal que se estende dende o sueste de California até Colorado.[3] Os dialectos individuais son Chemehuevi, que está en perigo de extinción, o paiute do sur (subdialectos de Moapa, Cedar City, Kaibab e San Juan) e o ute (subdialectos de Utah central e setentrional, White Mesa e meridional). De acordo con Ethnologue, había algo menos de dous mil falantes da lingua númica do río Colorado en 1990, ou arredor do 40% da poboación étnica de 5.000 habitantes.[4]

Lingua paiute do sur
Outros nomes:Lingua númica do río Colorado
Falado en:Estados Unidos de América
Rexións: California, Nevada, Utah, Arizona, Colorado e Novo México
Total de falantes:920 (2007)[1]
20 monolingües (censo de 1990)
Familia:Uto-azteca
 Uto-azteca do norte
  Númica
   Númica meridional
    Lingua paiute do sur
Códigos de lingua
ISO 639-1:--
ISO 639-2:---
ISO 639-3: ute
Mapa
Status

O paiute do sur está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía