Lingua leonesa

lingua románica do subgrupo lingüístico asturleonés

O leonés (llionés ou llïonés[2]) é unha lingua románica desenvolvida a partir do latín vulgar e que forma parte do subgrupo lingüístico asturleonés xunto co mirandés e o asturiano. Tradicionalmente designouse co nome 'leonés' o dominio lingüístico todo[3]. Non hai conciencia entre os falantes das tres modalidades lingüísticas de constituíren unha única lingua, así e todo a Academia de la Llingua Asturiana procura fomentar unha converxencia entre os diferentes estándares do dominio[4], e tamén unha parte importante dos escritores leoneses que escriben nos seus dialectos propios adaptando as normas ortográficas da lingua asturiana, así o fan Eva González, Roberto González-Quevedo, Héctor Xil ou Xosepe Vega pero non existe unha norma común leonesa[5]. O leonés é a lingua patrimonial de gran parte da rexión leonesa, que comprende as provincias de León, Zamora e Salamanca.

Leonés
Llionés
Falado en:España
Rexións: León e Zamora
Total de falantes:25.000 falantes
Familia:Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Itálo-occidental
    Occidental
     Galo-ibérica
      Ibero-románica
       Ibero-occidental
        Asturleonesa
         Leonés
Status oficial
Lingua oficial de: Recoñecida en Castela e León.
Regulado por: Non está regulado.
Códigos de lingua
ISO 639-1:--
ISO 639-2:---
Mapa
Status

O asturleonés está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Situación actual

A situación do leonés como lingua minorizada levouno ao bordo da extinción, polo que está considerada como unha lingua en perigo pola UNESCO. Estanse a facer algúns esforzos para gañar aceptación entre a poboación urbana, así o concello de León e outros como Zamora, Coyanza, Mansilla de las Mulas ou La Bañeza fan ou fixeron campañas para o ensino do leonés, pero non forma parte do currículo escolar regrado nin se utiliza na administración[6]. Malia que no ano 2007 a reforma do Estatuto de Autonomía de Castela e León recolleu no artigo 5.2 a protección específica do leonés por parte das institucións, a regulación da súa protección, uso e promoción aínda non se realizou. Hoxe mantense viva no norte da provincia de León, na serra da Cabreira, e tamén é falada pola xente maior do oeste de Zamora.

A pesar das dificultades, o número de xente nova que aprende e o usa (na súa maioría na escrita) rexistrou un incremento nos últimos anos, na súa meirande parte en grupos intelectuais e políticos orgullosos da súa identidade rexional/nacional, como por exemplo a Asociación Cultural de la Llingua Llïonesa El Fueyu en León e Zamora, a Asociacion Berciana en Defensa de la Llingua Llïonesa El Toralín no Bierzo.Hai tamén diversas asociacións culturais en León, que traballan para o recoñecemento e dignidade da lingua leonesa, é o caso de El Teixu, Faceira, Furmientu, Facendera pola Llengua e La Caleya.

A modalidade leonesa mirandesa goza do recoñecemento de lingua oficial en Portugal.

Provincias onde se mantén a lingua leonesa.

Presenza social

En varios concellos da provincia leonesa e de Zamora comeza a empregarse o leonés nalgunhas das súas comunicacións; e organizacións, colectivos e asociacións de distinto tipo, como Conceyu Xoven, ou o Conseyu da Mocedá de la Ciudá de Llión (Consello Local da Mocidade) utilizan o leonés na súa denominación e actividades. Hai varias asociacións que defenden esta lingua, como Furmientu, Facendera pola Llengua, La Caleya, Faceira,El Teixu, El Fueyu en León e Zamora, El Toralín na Comarca do Bierzo.

A única referencia legal que existe actualmente aparece na reforma do Estatuto de Castela e León, que marca no artigo 5ª do Título Preliminar:

«o leonés será obxecto de protección específica por parte das institucións polo seu particular valor dentro do patrimonio lingüístico da Comunidade. A súa protección, uso e promoción serán obxecto de regulación».

A Deputación provincial de León promoveu o leonés coa sinatura dun convenio coa Asociación Cultural da Lingua Leonesa "El Fueyu" para o ensino do leonés, así como os concellos de León, Mansiella (Mansilla de las Mulas), Coyanza (Valencia de Don Juan), La Bañeza e Zamora.

Leonés/asturiano/mirandés

O leonés, asturiano e mirandés son os tres glotónimos pertencentes ao dominio lingüístico leonés ou asturleonés. Para a codificación do asturiano sustentouse a base no dialecto central falado en Asturias, base do asturiano normativo. O leonés que se escribe na actualidade está formado maioritariamente por variedades do leonés occidental, o que conta con diferenza con máis falantes patrimoniais. O mirandés deu maior preponderancia ao propio mirandés que ao sendinés, servindo o primeiro de modelo normativo.

Sociolingüística

Asturianos e leoneses consideran os dous idiomas como "linguas diferentes": mentres un 82,6% dos asturianos consideran que non existe asturiano máis aló das fronteiras da comunidade autónoma (II Estudo Sociolingüístico de Asturias. Llera Ramo e San Martín Antuña, 2002), no I Estudiu Sociollingüísticu de Lleón (González Riaño e García Arias, 2006) case o 70% dos leoneses do norte da provincia de León dicían que leonés e asturiano non eran a mesma lingua. Os mirandeses, xa desde a Convenção Ortográfica da Língua Mirandesa de 1999, aínda que falan de "Zonas leonesas en Portugal" identifican o mirandés como un idioma diferenciado.

Exemplo

Tomouse o artigo 1º, da Declaración Universal dos Dereitos Humanos:

Tódolos seres humanos ñacen llibres y iguales en dignidá y dreitos y, dotaos cumo están de razón y concéncia, han portase fraternalmente los unos pa coños outros.

Llengua llionesa e linguas romances

LeonésPortuguésFrancésItalianoVenecianoEspañolPiemontésLatínGalego
faerefazerfairefarefarhacerfacerefacer
fiyufilhofilsfigliofio(l)hijofieulfiliusfillo
famefomefaimfamefamehambrefamfamisfame
gochuporcocochonmaialeporse(l)ocerdocrinsusporco / cocho
vieyuvelhovieuxvecchiovecioviejoveccvetusvello
choverechoverpleuvoirpioverepiòvarlloverpieuvepluerechover

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas