Lingua huilliche

lingua falada en Chile

O huilliche (tamén soletreado williche, huiliche ou veliche) é unha lingua moribunda pertencente á familia das linguas araucanas. En 1982, era falada por 2 000 membros do pobo huilliche en Chile, mais no 2012 só restaban uns poucos falantes de idade avanzada.[2] É falada nas rexións de Los Lagos e de Los Ríos, nos vales montañosos entre a cidade de Valdivia e o arquipélago de Chiloé no sur.

Huilliche
Chesungun, chedungun
Falado en:Chile
Rexións: En Chile: Rexión de Los Lagos e Rexión de Los Ríos
Total de falantes:Uns poucos anciáns
Familia:Linguas araucanas
 Huilliche
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1:--
ISO 639-2:---
ISO 639-3: huh
Mapa
Status

O huilliche está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O huilliche componse de dúas variedades, chamadas huillichesungun e tsesungun polos seus falantes. O huillichesungun é falada en Wequetrumao, na illa de Chiloé, e o tsesungun é falada en Choroy Traiguen, na costa da provincia de Osorno.[3] O huilliche está estreitamente relacionado co mapuche, a lingua do pobo homónimo, aínda que se precisan máis investigacións para determinar o grao de intelixibilidade mutua entre ambos.

Mapa que amosa os pobos indíxenas de Chile; os huilliches atópanse no medio do país.
Subgrupos dialectais

I

II

III

IV

V

VI

VII

Huilliche

Cladograma mostrando a proximidade do huilliche cos dialectos mapuches (I–VII) baseándose en características compartidas segundo Robert A. Croese. Os subgrupos dialectais están ordenados grosso modo pola súa distribución xeográfica de norte a sur.[4]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos