Lingua britónica do suroeste
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
O britónico sudoccidental é un dos dous dialectos nos que se dividiu a lingua britónica a partir da Batalla de Deorham en 577. O outro dialecto britónico occidental, que despois evolucionaron ata o galés e o cúmbrico.
É o devanceiro común do córnico e o bretón, que na opinión dalgúns (como Schrijver) non se converteron en linguas distintas antes do século XII, os termos "córnico antigo" e "bretón antigo" serían máis xeográficos ca lingüísticos.
Algúns dos cambios fonéticos que distinguen o britónico suroccidental do galés serían:
Outras diferenzas significativas atópanse en innovacións galesas nas que non participou o britónico suroccidental, como o desenvolvemento da fricativa lateral alveolar xorda /ɬ/.
Houbo certo interese recentemente nesta lingua, especialmente en Devon, e de aí xurdiu un estudo como A Handbook of West Country Brythonic: The Forgotten Celtic Tongue of South West England C.700 A.D. (Old Devonian) autopublicado por Joseph Biddulph. A obra de Biddulph foi recibida con críticas por non ter un teor suficientemente académico e por tratarse dunha lingua construída máis que da reconstrución dunha lingua seguindo o método comparativo.