Liñaceiro bicoamarelo

(Redirección desde «Linaria flavirostris»)

O liñaceiro bicoamarelo[2] ou liñaceiro de bico amarelo[3] ou liñaceiro biquiamarelo[4] (Linaria flavirostris, antes Carduelis flavirostris) é un pequeno paseriforme marrón da familia dos pimpíns (Fringillidae).

Liñaceiro bicoamarelo
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Aves
Orde:Passeriformes
Familia:Fringillidae
Xénero:Linaria
Especie:Linaria flavirostris
(Linnaeus, 1758)
Distribución de L. flavirostris     Área reprodutora      Residente      Área non reprodutora
Distribución de L. flavirostris     Área reprodutora      Residente      Área non reprodutora

Distribución de L. flavirostris     Área reprodutora      Residente      Área non reprodutora
Subspecies

See text

Sinonimia
  • Fringilla flavirostris Linnaeus, 1758
  • Carduelis flavirostris (Linnaeus, 1758)
  • Acanthis flavirostris (Linnaeus, 1758)
Ovos desta especie da colección do Museo de Historia Natural de Tolosa (MHNT)

É similar en tamaño ao liñaceiro común, de 13 a 13,5 cm de longo. Carece da mancha vermella na cabeza e peito que teñen o liñaceiro común e os Acanthis (como o liñaceiro paponegro). Ten manchas brancas coa parte superior negra e unha rabadilla rosa. As partes inferiores son de beixes a brancas, con manchas lineares marróns. O bico cónico é amarelo en inverno e gris en verán. A chamada é un distintivo chío e a súa canción comprende rápidos trilos e chíos.[5] Poden formar grandes bandadas fóra da estación reprodutora, ás veces mesturados con outros pimpíns nas costas e marismas salinas. Aliméntanse principalmente de sementes.

Reprodúcese no norte de Europa e a través de Asia central. En Galicia é unha ave accidental.[2] Os páramos sen árbores son os seus terreos preferidos para reproducirse. Constrúe o seu niño nun arbusto e pon 5 ou 6  ovos azuis claros.[6] É parcialmente residente, pero moitos migran máis ao sur, ou trasládanse ás costas.[7] Diminuíu abruptamente en partes da súa área, notablemente en Irlanda.[8] En Gran Bretaña están en marcha varios proxectos de investigación sobre a especie nos Peninos, as Terras Altas de Escocia e no norte de Gales. Reprodúcese tamén en Noruega.

Taxonomía

En 1758 o naturalista sueco Carl von Linné incluíu a este liñaceiro na súa 10ª edición da súa obra Systema Naturae co nome binmial Fringilla flavirostris.[9][10] O nome do xénero, Linaria é a palabra latina que significa 'tecedor de liño', de linum, 'liño' e flavirostris significa 'de bico amarelo'.[11] O liñaceiro bicoamarelo e o estreitamente relacionado liñaceiro común estaban antes situados no xénero Carduelis pero foron trasladados ao xénero separado Linaria baseándose nunha análise filoxenética de secuencias de ADN mitocondrial e ADN nuclear.[12][13]

Recoñécense 10 subespecies:[12]

  • L. f. bensonorum (Meinertzhagen, R, 1934) - Nas Hébridas Exteriores ao oeste de Escocia (ás veces incluída en pipilans).[14]
  • L. f. pipilans (Latham, 1787) - En Irlanda do Norte e norte de Gran Bretaña.
  • L. f. flavirostris (Linnaeus, 1758) - No norte de Escandinavia e noroeste de Rusia.
  • L. f. brevirostris (Bonaparte, 1855) - En Turquía, o Cáucaso e norte de Irán.
  • L. f. kirghizorum (Sushkin, 1925) - No norte e centro de Casaquistán.
  • L. f. korejevi (Zarudny & Harms, 1914) - No noroeste de Casaquistán ata o noroeste da China.
  • L. f. altaica (Sushkin, 1925) - No suroeste de Siberia, norte e oeste de Mongolia.
  • L. f. montanella (Hume, 1873) - De Kirguizistán ao oeste da China.
  • L. f. pamirensis (Zarudny & Harms, 1914) - De Taxiquistán, norte de Afganistán e noroeste de Paquistán (ás veces incluído en montanella).[14]
  • L. f. miniakensis (Jacobi, A, 1923) - No leste do Tíbet e oeste da China.
  • L. f. rufostrigata (Walton, 1905) - No oeste e sur do Tíbet, norte da India e norte do Nepal.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas