Liiga

A Liiga (anteriormente denominada Suomen Mestaruus Liiga ou SM-liiga en finés) é a máxima liga profesional de hóckey sobre xeo de Finlandia, e unha das ligas máis famosas nesa modalidade en Europa, sendo catalogada pola IIHF como a segunda mellor liga nacional máis importante do continente por detrás da Svenska hockeyligan (SHL), e a cuarta mellor do mundo por detrás das ligas internacionais National Hockey League (NHL) e Kontinental Hockey League (KHL).[a][1]

Modelo:Competición deportivaLiiga
Imaxe
Tipoprofessional sports league (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Liga inferiorMestis e I-divisioona (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Número de participantes15 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísFinlandia Editar o valor em Wikidata
Vixencia1975 – Editar o valor em Wikidata
Calendario da tempadasetembroabril Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialliiga.fi Editar o valor em Wikidata
Facebook: smliiga Twitter: smliiga Instagram: liiga.fi Editar o valor em Wikidata

Creada en 1975 para desenvolver a profesionalización do hóckey sobre xeo finlandés, a SM-liiga substituíu o campionato de afeccionados (na práctica, semiprofesional), a SM-sarja, e na súa tempada inaugural competiron dez equipos, número que foi progresivamente aumentando ata os 15 que a conforman dende a tempada 2015-16. A SM-Liiga ten un acordo coa Federación Finesa de Hóckey sobre xeo, polo que está considerada coma o campionato principal do país. Ademais, o hóckey sobre xeo está considerado un dos deportes nacionais de Finlandia.

O equipo campión recibe a Kanada-malja (Copa Canadá). Dende a súa creación, a liga estivo dominada principalmente por tres equipos: Tappara (10 títulos e 9 subcampionatos), TPS (10 títulos e 7 subcampionatos) e Kärpät (8 títulos e 2 subcampionatos), que suman un total de 28 títulos ao inicio da tempada 2019-20.

Historia

Inicios do hóckey sobre xeo en Finlandia

Completado en xaneiro de 1965, o Tampereen jäähalli foi o primeiro pavillón cuberto de hóckey sobre xeo de Finlandia e acolleu o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 1965, a primeira cita mundialista desta modalidade celebrada no país nórdico.

A pesar da popularidade da que goza actualmente no país,[2] o hóckey sobre xeo chegou a Finlandia a finais da década de 1920, de feito o país non se converteu en membro da Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo (coñecida polas súas siglas en inglés IIHF) ata 1928, cando creou a súa propia federación.[3]

Non foi ata a década de 1950 cando o hóckey sobre xeo comezou a mellorar as súas condicións e iniciou a súa modernización, coa construción depistas primeiro en Tampere (1956) e logo en Helsinqui (1958). Un factor decisivo na modernización da modalidade foi a súa conversión nun deporte interior a partir da década de 1960, e que finalizaría en 1973 coa cobertura da pista de Kupittaa en Turku. A conversión en deporte interior producir un incremento no número de partidos do campionato, pasando de sete encontros na tempada 1949-50 a 32 nos primeiros anos da década de 1970, feito que sumado á mellora nas condicións de visualización provocou un aumento nos ingresos, se ben o deporte continuou a ser semiprofesional nestes anos.[3]

Outro feito importante no desenvolvemento do hóckey sobre xeo finlandés tivo lugar en 1965, cando o país foi sede do Campionato do Mundo. Se ben inicialmente o torneo se ía disputar en Helsinqui, as dificultades para ter finalizado o pavillón para a data de inicio da competición levaron a que esta se disputara en Tampere.[3]

Creación da SM-liiga

Malia os avances na modernización do hóckey sobre xeo finlandés que se levaron a cabo a principios da década de 1970, a súa organización non se topaba ao mesmo nivel. O sistema de toma de decisións dentro da Suomen jääkiekkoliitto (a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo), que daquela organizaba todas as competicións do país, e outros aspectos como a volatilidade da toma de decisións ou os horarios, motivaron o descontento dos clubs máis fortes, daquela xa organizados na súa propia organización, a Sarjaseurat ry., que non tiña poder nas reunións federativas.[4]

Kalervo Kummola foi o primeiro presidente da SM-liiga en 1975, permanecendo no cargo ata 1987.

Deste xeito, en 1974, o daquela presidente da federación finlandesa Harry Lindblad creou un comité liderado por Markku Mäenpää para considerar unha mudanza organizativa. Este comité propuxo a separación da SM-liiga (a máxima categoría) do outras actividades da federación. Finalmente o día 24 de maio de 1975 a Sarjaseurat ry. fundou a SM-liiga na súa reunión anual celebrada en Tampere.Se ben producíronse mudanzas organizativas importantes, a creación da SM-liiga foi o maior logro, xa que os clubs gañaron independencia, unha independencia enfatizada polo feito de que a súa sede estaba en Tampere, mentres que a federación a tiña en Helsinqui.[4]

Organizativamente a liga contaba cun presidente, un representante de cada club e un representante da federación. Kalervo Kummola foi votado como o primeiro máximo responsable do organismo, posto que ocupou ata 1987 co alcume de "Rautakansleri" (en galego "Chanceler de ferro").[4]

Nun principio, a liga comezou con 10 equipos en setembro dese mesmo ano, dos cales os 4 mellores xogarían os playoffs, e había un sistema de promoción entre os peor clasificados da SM-Liiga e os mellores da I-divisioona (a que daquela era a segunda categoría), que promovía os trocos de clubs na clasificación. Os dez equipos que participaron na primeira edición foron os oito mellor clasificados da derradeira edición da SM-sarja, que foron acompañados polos dous mellores equipos da I-divisioona, Sport e FoPS, que ascenderon á máxima categoría.[4][5][6]

O primeiro gol da nova SM-liiga anotouno Raimo Brax no partido inaugural de Sport fronte a HIFK. Nesta primeira tempada os dous últimos clasificados xogaron unha ligniña de permanencia fronte aos dous mellores equipos da segunda categoría, a I Divisioona, na que Sport perdeu a categoría en favor do Kiekkoreipas de Lahti, mentres que FoPS conseguiu a permanencia.[7]

Aínda que se pensaba que a primeira tempada da nova competición se disputara sobre a base da antiga SM-sarja, decidiuse que esta adoptara de xeito inmediato un sistema de play-offs a semellanza das ligas norteamericadas, aínda que por motivos de calendario as eliminatorias disputáronse ao mellor de tres encontros. Ao finalizar esta primeira tempada o TPS de Turku proclamouse campión grazas a un gol de Seppo Repo a falta de 21 segundos para o final do segundo partido da final disputada fronte a Tappara.[7]

A primeira expansión

A liga profesional tivo éxito entre a afección, sumado aos éxitos da selección nacional de hóckey sobre xeo, e o número de clubs aumentouse a 12 na tempada 1988-89, materializando a decisión que a liga tomara xa en marzo de 1986. Deste xeito HPK e SaiPa pasaron a disputar a máxima categoría ao ser os dous mellores equipos da I-divisioona, mentres que o peor equipo da SM-liiga ese ano, o KooKoo de Kouvola, tivo que disputar unha eliminatoria fronte ao terceiro mellor equipo da segunda categoría, o Kiekkoreipas de Lahti, ao cal derrotou en cinco partidos (3-2).[8][9]

Na tempada 1994-95 a SM-liiga viu a chegada de 16 xogadores da National Hockey League (NHL), con Teemu Selänne e Jari Kurri (Jokerit), Christian Ruuttu e Esa Tikkanen (HIFK), Michael Nylander (JYP HT), ou Theo Fleury (Tappara) entre outros. Isto produciuse polo bloqueo da liga norteamericana, o que motivou que os xogadores das franquías da NHL procuraran outras competicións en Europa. Este feito supuxo un aumento na asistencia aos partidos e unha motivación para os xogadores dos equipos finlandeses, que cada noite se medían aos xogadores da NHL.[10]

Na década dos '90 a afluencia de público nos estadios chegou a 1.8 millóns de espectadores, polo que se iniciou o camiño á profesionalización total: a mediados dos '90 tódolos xogadores tiñan contrato a tempo completo, e no 2000 permitiuse o troco de estatuto dos clubs a sociedade limitada.

Dende a tempada 2000-01 e en base á profesionalización total das sociedades deportivas eliminouse o sistema de promoción, pechando a liga, polo que ningún equipo podería ascender dende a Mestis sen a aprobación da SM-liiga.[11] Ese mesmo ano ascendeu á liga Kärpät, que conseguiu o ascenso na tempada anterior no play-out fronte a Pelicans, que mantiveron a súa praza na liga grazas ao aumento do número de equipos, que na tempada 2000-01 pasouse de doce a trece equipos na liga.[12]

Na tempada 2003-04 o sistema de play-offs aumentouse aos 10 mellores clasificados ao final da liga regular, xogando os equipos clasificados do posto 7 ao 10 unhas series eliminatorias previas para decidir que dous equipos acompañan aos seis mellores. En 2005 foi admitido na liga o KalPa de Kuopio,[13] aumentando o número de equipos ata os 14 clubs.[8] Na tempada 2008-09 recuperouse o sistema de promoción, polo que o equipo campión da Mestis pode acceder á máxima categoría se derrota nos play-out ao equipo peor clasificado da SM-liiga ao finalizar a liga regular,[14] se ben na primeira tempada que se restableceu o sistema de promoción os catro peores clasificados xogaron unhas series eliminatorias das cales o perdedor xogouse a promoción contra o campión da Mestis.[15][16]

O Olympiastadion durante o Talviklassikko de 2011.

Na tempada 2010-11 introduciuse o Talviklassikko (en galego Clásico de Inverno), un partido xogado ao aire libre no Estadio Olímpico de Helsinqui no que se enfrontan os dous equipos da cidade, o HIFK e o Jokerit. Na primeira edición o HIFK derrotou ao Jokerit por 4 goles a 3.[17] O éxito do derbi da capital levou a reeditar os duelos ao aire libre entre os dous principais equipos da cidade de Tampere, o Tappara e o Ilves, que o 9 de abril de 2013 se enfrontaron no Tampereen stadion, no que foi a primeira edición do Open Ice Winter Classic Tampere,[18] con todo, o partido ao aire libre entre os dous equipos máis laureados do hóckey sobre xeo finlandés non volveu disputarse nas tempadas seguintes.

Unha nova denominación: nace a Liiga

Na tempada 2013-14 a competición mudou o seu nome e imaxe, pasando a denominarse simplemente Liiga, ademais a principios desa mesma tempada anunciouse que o Jokerit deixaría a competición para pasar a xogar na Kontinental Hockey League (KHL) a partir da tempada 2014-15.[19][20] O equipo de Helsinqui foi substituído na tempada 2014-15 polo Sport de Vaasa logo de ter sido aceptado pola Liiga.[21] A principios desa mesma tempada, a competición anunciou unha nova incorporación á liga logo de admitir ao KooKoo de Kouvola a partir da tempada 2015-16, pasando dunha liga de 14 equipos a unha de 15.[22] A expansión da liga continuou na tempada seguinte, cando se incorporou o Jukurit de Mikkeli,[23] que substituíu os Espoo Blues, que cesaron as súas operacións ao declararse en bancarrota logo da tempada 2015-16.[24]

Durante a tempada 2019-20, por primeira vez na súa historia, a Liiga non decidiu ningún campión, xa que o día 13 de marzo de 2020 a competición foi suspendida para frear a pandemia por coronavirus, o que deixou sen disputar a derradeira xornada da liga regular e todos os partidos dos play-offs. O campionato de hóckey sobre xeo finlandés non se suspendía dende a tempada 1943-44, cando se cancelou a tempada por mor da guerra de continuación.[25][26] Con todo, a Liiga entregou o Harry Lindbladin muistopalkinto a Kärpät, que xa tiñan asegurado o trofeo antes da suspensión da tempada.[27]

Equipos

Dende a tempada 2015-16 a SM-liiga está formada por quince equipos de 14 cidades distintas, sendo Tampere a única cidade que conta na actualidade con máis dun equipo, logo de que Jokerit abandonara a SM-liiga para competir na Kontinental Hockey League (KHL) a partir de 2014. Por rexións, 13 das 19 rexións de Finlandia están presentes na actualidade: Carelia do Sur, Finlandia Central, Finlandia Propia, Kymenlaakso, Ostrobotnia, Ostrobotnia do Norte, Savonia do Norte, Savonia do Sur, Pirkanmaa, Päijänne Tavastia, Satakunta, Tavastia Propia e Uusimaa, se ben só as rexións de Satakunta e Pirkanmaa contan con máis dun equipo (Lukko e Ässät, e Ilves e Tappara respectivamente). Dos dez equipos fundadores da liga en 1975, so seis deles continúan na tempada 2018-19 xogando na SM-liiga, e deles só catro, HIFK, Ilves, Tappara e TPS participaron en todas as edicións, mentres que Lukko e Ässät descenderon unha vez e xogaron un ano na segunda categoría.

NomeNome completoCidadeEstadioCapacidadeFundaciónÚltimo ascensoPosición[b]Títulos[c]Total[d]
HIFKOy HIFK Hockey Ab HelsinquiHelsingin jäähalli8 1001945197547
HPKHPK Liiga Oy HämeenlinnaRitari-areena5 3601929198822
IlvesIlves-Hockey Oy TampereNokia Arena13 45519311975116
JukuritJukurit HC Oy MikkeliIkioma Areena4 2001970201613º00
JYPJYP Jyväskylä Oy JyväskyläLähiTapiola Areena4 6181977198522
KalPaKalPa Hockey Oy KuopioNiiralan Monttu5 2251929200510º00
KooKooKooKoo Hockey Oy KouvolaLumon Areena6 0001946200000
KärpätOulun Kärpät Oy OuluOulun Energia Areena6 6141965201588
LukkoRauman Lukko Oy RaumaKivikylän Areena5 4001936198412
PelicansLahden Pelicans Oy LahtiIsku Areena5 0981992199914º00
SaiPaLiiga-SaiPa Oy LappeenrantaKisapuiston jäähalli4 8471948199612º00
SportHockey-Team Vaasan Sport Oy VaasaVaasa Sähkö Arena3 8001939201415º00
TapparaTamhockey Oy TampereNokia Arena13 455195519751219
TPSHC TPS Turku Oy TurkuGatorade Center11 8201929197511º1011
ÄssätHC Ässät Pori Oy PoriIsomäki Areena6 5001967199023

Antigos participantes

Equipos descendidos
Equipos desaparecidos
Trocos de nome
  • JyP HT é denominado actualmente JYP.[33]
  • Lahden Reipas, Kiekkoreipas, Hockey-Reipas, Reipas Lahti nomes anteriores dos Pelicans.[34]
Equipos que pasaron a competir noutras ligas

Historial de equipos

19701980199020002010
75
76
76
77
77
78
78
79
79
80
80
81
81
82
82
83
83
84
84
85
85
86
86
87
87
88
88
89
89
90
90
91
91
92
92
93
93
94
94
95
95
96
96
97
97
98
98
99
99
00
00
01
01
02
02
03
03
04
04
05
05
06
06
07
07
08
08
09
09
10
10
11
11
12
12
13
13
14
14
15
15
16
16
17
17
18
18
19
19
20
HIFK
Ilves
Tappara
TPS
Ässät
Jokerit
Lukko
KOOVEE
Sport
FoPS
KiekkoreipasHockey-ReipasReipas LahtiPelicans
Kärpät
SaiPa
HPK
JyP HTJYP
KalPa
KooKoo
JoKP
K-EspooBlues
TuTo
Jukurit

Xogadores participantes

Fonte: www.eurohockey.com[37]

PaísTempada
(200506)
%Tempada
(200607)
%Tempada
(200708)
%Tempada
(200809)
%Tempada
(200910)
%Tempada
(201011)
%Tempada
(201112)
%Tempada
(201213)
%
Alemaña10.210.210.2
Austria10.210.210.210.2
Canadá224.8275.8234.9122.3112.6234.9214.47366.77
Croacia10.210.2
Dinamarca10.230.671.3
Eslovaquia10.230.620.410.210.271.571.540.75
Eslovenia10.2
Estados Unidos132.840.85204.3142.741.0143.091.9234.3
Estonia10.210.2
Finlandia39685.940085.540486.347692.839394.039083.239083.242880.45
Francia20.4320.4320.38
Hungría10.2
Italia10.220.43
Letonia20.430.610.230.6410.210.2
Lituania10.210.2
Noruega10.210.210.210.210.2
Países Baixos10.2
República Checa153.3153.281.740.851.2132.8143.0112.1
Rusia10.210.210.2
Ucraína10.2
Suecia71.5112.3571.540.820.5132.8143.0163.0
Suíza10.210.210.2
Total461100.0468100.0468100.0513100.0418100.0469100.0469100.0532100.0

Estrutura da tempada

Encontro entre Ilves e SaiPa

A SM-Liiga posúe unha tempada regular e playoff polo título. A tempada regular comeza a mediados de setembro e remata a mediados de marzo. Hai paróns ao longo do ano dependendo dos compromisos internacionais de Finlandia e un parón polo Nadal de 2 semanas. Os playoff comezan inmediatamente logo do fin da tempada regular e a competición remata a mediados de abril.

Tempada regular

Na tempada regular tódolos equipos disputan 60 encontros nos que cada equipo xoga 4 partidos contra calquera outro máis outros 2 con rivais definidos, xeralmente próximos entre eles. Cada partido dura 60 minutos divididos en 3 tempos de 20 minutos e, en caso de prórroga, xógase un tempo extra con morte súbita de 5 minutos. No caso de que o empate persista, o gañador decídese tras unha rolda de penaltis.

O sistema da liga regular baséase en torno a unha clasificación na que só vale a vitoria para puntuar. O sistema de puntuación está determinado por como concluíu o partido: se o equipo vence no tempo regulamentario gaña 3 puntos, se vence na prórroga 2 e se vence nos penaltis 1. Se un equipo está empatado a puntos con outro na táboa, o equipo que teña unha meirande diferenza de goles estará nun posto máis alto na clasificación, e se se chegara ao extremo de que houbese tamén un empate, a diferenza será polo número de goles anotados.

Playoffs

Ao final da tempada regular, os 6 equipos mellor clasificados na liga regular pasan directamente aos cuartos de final, mentres os equipos entre a sétima e décima posición xogan uns playoff preliminares ao mellor de 3 partidos, nos que os 2 vencedores encherán as 2 posicións vacantes.

Dende a tempada 2007-08 tódalas roldas son ao mellor de 7 partidos e os equipos son colocados segundo a súa posición na liga regular, de tal xeito que o primeiro clasificado xogaría contra o oitavo, o segundo contra o sétimo, e así sucesivamente, sendo o primeiro campo no que se disputa o partido o do mellor equipo na fase regular. O gañador dos playoff gaña a Kanada-malja (Copa Canadá) mentres que os perdedores da semifinal xogan un partido pola "medalla de bronce".

A diferenza da Liga regular, nos playoff o tempo de prórroga dura 20 minutos a morte súbita.

Palmarés

Celebración do título conseguido por TPS en 2010.
Artigo principal: Kanada-malja.

A seguinte táboa amosa os campións da Kanada-malja, é dicir, os campións nos play-offs. Os campións da liga regular reciben tamén un trofeo, o Harry Lindbladin muistopalkinto, aínda que é menos prestixioso que a medalla de bronce nos playoff, esta relación entre títulos é similar á que existe na NHL americana entre a Stanley Cup e o Presidents' Trophy.

TempadaCampión[38]Resultado[38]Finalista[38]1º da liga regular[39]
2023-24 Tappara 4 - 1 Pelicans- Tappara
2022-23 Tappara 4 - 1 Pelicans- Tappara
2021-22 Tappara 4 - 1 TPS- Tappara
2020-21 Lukko 3 - 1 TPS- Lukko
2019-20Tempada cancelada- Kärpät
2018-19 HPK4 - 3 Kärpät- Kärpät
2017-18 Kärpät4 - 2 Tappara- Kärpät
2016-17 Tappara4 - 2 KalPa- Tappara
2015-16 Tappara4 - 2 HIFK- HIFK
2014-15 Kärpät4 - 3 Tappara- Kärpät
2013-14 Kärpät4 - 3 Tappara- Kärpät
2012-13 Ässät4 - 2 Tappara- Jokerit
2011-12 JYP4 - 1 Pelicans- KalPa
2010-11 HIFK4 - 0 Blues- JYP
2009-10 TPS4 - 1 HPK- JYP
2008-09 JYP4 - 0 Kärpät- JYP
2007-08 Kärpät4 - 1 Blues- Kärpät
2006-07 Kärpät3 - 0 Jokerit- Kärpät
2005-06 HPK3 - 1 Ässät- Kärpät
2004-05 Kärpät3 - 1 Jokerit- Kärpät
2003-04 Kärpät3 - 1 TPS- TPS
2002-03 Tappara3 - 0 Kärpät- HPK
2001-02 Jokerit3 - 1 Tappara- Tappara
2000-01 TPS3 - 1 Tappara- Jokerit
1999-00 TPS3 - 1 Jokerit- TPS
1998-99 TPS3 - 1 HIFK- TPS
1997-98 HIFK3 - 0 Ilves- TPS
1996-97 Jokerit3 - 0 TPS- Jokerit
1995-96 Jokerit3 - 1 TPS- Jokerit
1994-95 TPS3 - 2 Jokerit- Jokerit
1993-94 Jokerit3 - 1 TPS- TPS
1992-93 TPS3 - 1 HPK- TPS
1991-92 Jokerit4 - 1 JYP- JYP
1990-91 TPS4 - 1 KalPa- TPS
1989-90 TPS4 - 2 Ilves- TPS
1988-89 TPS4 - 1 JYP- TPS
1987-88 Tappara4 - 1 Lukko- Ilves
1986-87 Tappara4 - 1 Kärpät- Kärpät
1985-86 Tappara4 - 1 HIFK- Tappara
1984-85 Ilves3 - 2 TPS- TPS
1983-84 Tappara3 - 1 Ässät- Tappara
1982-83 HIFK3 - 2 Jokerit- Jokerit
1981-82 Tappara3 - 1 TPS- TPS
1980-81 Kärpät3 - 2 Tappara- Tappara
1979-80 HIFK3 - 0 Ässät- TPS
1978-79 Tappara3 - 2 Ässät- Ässät
1977-78 Ässät3 - 1 Tappara- Tappara
1976-77 Tappara3 - 0 TPS- Tappara
1975-76 TPS2 - 0 Tappara- TPS

Antes da creación da SM-liiga, en Finlandia existía outro campionato nacional de hóckey sobre xeo creado en 1928 denominado SM-sarja, que pasou por varios formatos de competición, dende eliminatorias directas, a liga única sen eliminatorias, a varios grupos de liguiña etc. Na seguinte lista amósase o palmarés de campións dende 1928 até 1975:[40]

Encontro Ilves-HJK da tempada 1949-50.
  • 1945 - Ilves
  • 1943 - KIF
  • 1941 - KIF
  • 1939 - KIF
  • 1938 - Ilves
  • 1937 - Ilves
  • 1936 - Ilves
  • 1935 - HJK
  • 1934 - HSK
  • 1933 - HSK
  • 1932 - HJK
  • 1931 - TaPa
  • 1929 - HJK
  • 1928 - Viipurin Reipas

A seguinte táboa amosa o número total de campionatos acadados por cada club dende 1928. En letra grosa o títulos de SM-liiga, é dicir, os acadados dende 1976:

NºTítulosEquipoCampionatos
17 Tappara[e]1959, 1961, 1964, 1975, 1977, 1979, 1982, 1984, 1986, 1987, 1988, 2003, 2016, 2017, 2022, 2023, 2024 (Equipo mais laureado da SM-liiga)
16 Ilves1936, 1937, 1938, 1945, 1946, 1947, 1950, 1951, 1952, 1957, 1958, 1960, 1962, 1966, 1972, 1985
11 TPS1956, 1976, 1989, 1990, 1991, 1993, 1995, 1999, 2000, 2001, 2010
8 Kärpät1981, 2004, 2005, 2007, 2008, 2014, 2015, 2018
7 HIFK1969, 1970, 1974, 1980, 1983, 1998, 2011
6 Jokerit[f]1973, 1992, 1994, 1996, 1997, 2002
3 Ässät[g]1971, 1978, 2013
3 TBK1953, 1954, 1955
3 KIF1939, 1941, 1943
3 HJK1929, 1932, 1935
2 JYP2009, 2012
2 Tarmo1948, 1949
2 HSK1933, 1934
2 Lukko1963, 2021
2 HPK2006, 2019
1 KooVee1968
1 RU-38[g]1967
1 Karhut[g]1965
1 TaPa1931
1 Viipurin Reipas1928

Trofeos

Como ocorre con moitas outras ligas de hóckey sobre xeo, a SM-liiga entrega cada ano distintos trofeos a equipos e persoas que destacaron en cada tempada, tanto xogadores, como adestradores ou árbitros. Tamén existen trofeos entregados pola Asociación de Xogadores. A meirande parte dos galardóns posúen nomes de xogadores fineses históricos.

Trofeos a equipos

A Kanada Malja, trofeo entregado ao equipo campión da liga finesa.
  • Kanada-malja: Copa Canadá, entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950 e en 1951 Ilves converteuse on primeiro equipo en gañala. O primeiro equipo en alzar a copa dende a creación da SM-liiga foi TPS, mentres que o Tappara conta co mellor rexistro de vitorias dende a profesionalización da liga.[40] É equivalente á Stanley Cup da National Hockey League (NHL).
  • Harry Lindbladin muistopalkinto: entregado cada ano ao equipo campión da fase regular.[42] Foi entregado por primeira vez na tempada inaugural da SM-liiga e o primeiro equipo en alzarse co trofeo foi o TPS de Turku, que é tamén o equipo que máis veces o gañou.[43] Recibe o seu nome en honor a Harry Lindblad, quen foi presidente da Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo entre 1957 ata 1975, así como membro da xunta da IIHF (Federación Internacional de Hockey sobre Xeo) entre 1967 e 1975, e antes dos clubs TBK e Tappara.[44] É equivalente ao Presidents' Trophy da National Hockey League (NHL).
  • Memorial Aaro Kivilinna: outorgado cada ano ao mellor equipo de Finlandia durante toda a tempada de acordo coas súas clasificacións na SM-liiga, así como a dos seus equipos de categorías inferiores e femininos. Foi intruducido na tempada 1972-73 e renomeado en 1995 en honor ao ex xogador nado en Helsinqui Aaro Kivilinna, o primeiro equipo en facerse co galardón foi o Ilves.[45][46][47]
  • Medallas de prata e bronce para o segundo e terceiro equipos nos playoff respectivamente.

Trofeos individuais

O Trofeo Lasse Oksanen, entregado ao mellor xogador da liga regular.
Trofeos da Liiga
  • Trofeo Aarne Honkavaara: outorgado ao máximo goleador durante a tempada regular. Foi entregado por primeira vez en 1934, antes da profesionalización da liga. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador e seleccionador masculino nado en Tampere Aarne Honkavaara.[40]
  • Trofeo Jari Kurri: entregado cada ano dende 1994 ao líder máis destacado do seu equipo durante os play-offs. O primeiro xogador en conquistar o trofeo foi Ari Sulander, do Jokerit de Helsinqui. Ningún xogador ten gañado o trofeo en máis dunha ocasión. O galardón leva o nome de Jari Kurri, considerado o mellor xogador finlandés da historia.[40]
  • Memorial Jarmo Wasama: outorgado anualmente dende 1972 ao mellor xogador debutante da tempada. O primeiro xogador en recibir o trofeo foi Seppo Ahokainen, do Ilves. Recibe o seu nome en honor ao ex-defensor de Ilves e da selección finlandesa masculina Jarmo Wasama, que falecería en accidente de tráfico aos 22 anos.[40]
  • Trofeo Kalevi Numminen: entregado ao mellor adestrador da tempada. Kari Mäkinen foi o primeiro adestrador en recibir o trofeo en 1978 sendo adestrador de Ässät, mentres que Hannu Jortikka é o adestrador máis laureado cun total de seis trofeos, todos eles con TPS, e conquistados en dúas series de tres trofeos consecutivos. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador e adestrador de Tappara e a selección masculina finlandesa Kalevi Numminen.[40]
  • Trofeo Lasse Oksanen: entregado ao mellor xogador durante a liga regular dende 1994, o primeiro xogador en conseguilo foi Esa Keskinen e ningún xogador foi quen de gañar o trofeo en máis dunha ocasión. Leva o nome de Lasse Oksanen, ex xogador de Ilves e da selección masculina de Finlandia, nomeado mellor xogador do país en 1966.[40]
  • Trofeo Matti Keinonen: outorgado cada ano dende 1978 ao xogador máis efectivo (xogador co mellor rexistro plus/minus). O primeiro xogador que gañou o galardón foi Pekka Rautakallio de Ässät, mentres que Lasse Kukkonen e Juha Huikari son os dous únicos xogadores que gañaron o trofeo en máis dunha ocasión, colleitando dous cada un. Recibe o nome do ex xogador e membro do Salón da Fama do hóckey sobre xeo finlandés Matti Keinonen.[40]
  • Trofeo Pekka Rautakallio: entregado anualmente dende 1978 ao mellor defensa. Recibe o nome do primeiro xogador que recibiu o galardón, o xogador nado en Pori Pekka Rautakallio, mentres que o xogador que alzou o trofeo máis veces é Hannu Virta, que alzou o trofeo en catro ocasións.[40]
  • Trofeo Pentti Isotalo: recoñece ao mellor xuíz de liña da tempada. Foi entregado por primeira vez en 1980 e o primeiro en recibilo foi Lasse Vanhanen, mentres que Janne Rautavuori é o que máis veces gañou o recoñecemento cun total de seis. Recibe o seu nome en honor do ex xogador Pentti Isotalo, que posteriormente adicaríase tamén á arbitraxe, chegando a arbitrar en seis Campionatos do Mundo e nuns Xogos Olímpicos.[40]
  • Trofeo Raimo Kilpiö: entregado dende 1954, antes da profesionalización da liga, ao xogador con máis deportividade. O primeiro xogador en recibilo foi Esko Rekomaa, do HJK, mentres que o xogador que máis veces o gañou foi Kimmo Rintanen, cun total de catro trofeos. Leva o nome de Raimo Kilpiö, ex xogador da liga e da selección nacional.[40]
  • Trofeo Unto Wiitala: recoñece ao mellor árbitro durante a liga. Entregado dende 1968, antes da profesionalización da liga, o primeiro receptor do trofeo foi Sakari Sillankorva, mentres que Seppo Mäkelä ten o mellor rexistro con dez trofeos. Recibe o nome do ex xogador e logo árbitro Unto Wiitala, que chegou a arbitrar en oito Campionatos do Mundo e en dous Xogos Olímpicos.[40]
  • Trofeo Urpo Ylönen: entregado anualmente dende 1978 ao mellor porteiro da tempada. Antero Kivelä foi o primeiro porteiro en recibilo xogando para Ässät, mentres que Hannu Kamppuri foi o que máis veces o gañou cun total de catro. O ex-porteiro Urpo Ylönen, nomeado mellor porteiro do Campionato do Mundo de 1970, dálle nome ao trofeo.[40]
  • Trofeo Veli-Pekka Ketola: outorgado anualmente dende 1934, antes da profesionalización da liga, ao xogador que máis puntos rexistrou ao longo da tempada. Jaakko Tiitola foi o primeiro xogador en recibir o título. O trofeo leva o nome do ex xogador Veli-Pekka Ketola, internacional con Finlandia e nomeado mellor xogador finlandés en dúas ocasións (1974 e 1978).[40]
Trofeos da Asociación de Xogadores
O Kultainen kypärä (casco dourado) é entregado ao mellor xogador por votación da Asociación de Xogadores.
  • Kultainen kypärä (casco dourado): outorgado anualmente dende 1987 ao mellor xogador da SM-liiga por votación da Asociación de Xogadores. Dende a súa creación os xogadores do TPS teñen conseguido máis veces a distinción que os de ningún outro equipo, cun total de sete. Tan só dous xogadores na historia do galardón conseguiron máis dunha vez o casco dourado, foron os finlandeses Juha Riihijärvi e Kimmo Rintanen, ambos con dous galardóns, o primeiro vestindo as cores de JYP e Lukko, e o segundo consegindo ambos xogando para TPS.[48]
  • Kultainen Pilli (chifre de ouro): outorgado cada ano dende 1987 ao mellor árbitro da SM-liiga por votación dos xogadores. O árbitro que máis veces ten conseguido o galardón é Jari Levonen, cun total de 15, todas elas consecutivas.[48]
  • Trofeo Juha Rantasila: entregado por primeira vez en 2008, este trofeo é entregado ao defensor que máis goles anotou na tempada. Leva o nome do ex xogador nado en Pori Juha Rantasila. O primeiro xogador en recibilo foi Anssi Salmela, xogando para Tappara, mentres que o xogador que máis veces recibiu o galardón foi Markus Seikola, quen o conquistou dous anos consecutivos vestindo a camisola dos Ilves (2009 e 2010) e outros dous anos a dos Pelicans (2012 e 2013).[48]

Dereitos de emisión

Retransmisión dun partido en Oulu.

Dende a tempada 2007-08 os dereitos de emisión en Finlandia pertencen á canle en aberto privada Nelonen. Canal+ Suomi ofrece tamén varios partidos en modalidade de PPV.

Actualmente a liga finlandesa non pode verse noutros países, aínda que Canal+ Suomi ofreceu partidos on-line por PPV tanto para Finlandia como para o resto de países.

Estatísticas

Datos de asistencia

Seareiros celebrando un gol do Ilves en 2007.

Na tempada 2018-19 a SM-liiga foi a sexta liga europea en termos de asistencia cun total de 4.232 espectadores de media. O equipo da liga cunha mellor media ese ano foi o HIFK de Helsinqui, que cunha media de 7.100 espectadores foi o 20º equipo en canto a media de asistencia en Europa.[49][h]

AnoAsistencia media
20025.231
20035.148
20045.101
20055.143
20065.032
20074.984
20085.101
20094.933
20104.976
20114.850
20125.108
20135.213[50]
20144.974[51]
20154.336[52]
20164.249[53]
20174.326[54]
20184.254[55]
20194.232[49]

Rexistros dos equipos

  • Tan só en cinco ocasións o equipo campión da SM-liiga non perdeu ningún partido nos play-offs. Na tempada inaugural TPS conseguiu gañar os seus catro partidos (dous en cada rolda); en 1977, na segunda tempada da liga Tappara conseguiu gañar os seus seis partidos, marcando un rexistro récord de 48 goles a favor e tan só 9 en contra; Jokerit conseguiu en 1997 un rexistro de 9–0 para alzarse coa Kanada-malja; os mesmos números conseguiu HIFK en 1998; e finalmente Kärpät conquistou o campionato de 2007 cun rexitro de 10–0.[56]

Líderes históricos

Na liga regular[57]
Janne Ojanen, o xogador con máis puntos e asistencias na historia da liga.
RécordNomeRexistro
Puntos Janne Ojanen799
Goles Arto Javanainen464
Asistencias Janne Ojanen516
Partidos xogados Jan Latvala1.049
Plus/minus Marko Tuulola+232
Penalty minutes Markus Kankaanperä1.456
Nos play-offs
Kari Jalonen, o máximo goleador, asistente e o xogador con máis puntos dos play-offs.
RécordNomeRexistro
Puntos Kari Jalonen128
Goles Kari Jalonen42
Asistencias Kari Jalonen86
Partidos xogados Ilkka Mikkola151
Plus/minus Otakar Janecky+51
Penalty minutes Jussi Pesonen156
No play-out
RécordNomeRexistro
Puntos Jori Lehterä9
Goles Sakari Salminen
Masi Marjamäki
Jori Lehterä
4
Asistencias Jarkko A. Immonen
Mike York
Jori Lehterä
Jussi Halme
5
Partidos xogados Erik Riska
Eetu Heikkinen
Markus Piispanen
9
Plus/minus Jyri Marttinen+10
Penalty minutes Mikko Palomäki
Teemu Kesä
37

Porteiros

Na liga regular
Jussi Markkanen é o porteiro con máis minutos disputados na liga.
RécordNomeRexistro
Partidos Ari-Pekka Siekkinen894
Minutos Jussi Markkanen14.952
Promedio Aku Limnell13,43
Porcentaxe Tommi Niemelä
Jan-Erik Kaisla
Petri Engman
Mikko Koskinen
Joonas Korpisalo
1,000
Shotouts Iiro Tarkki24
Asistencias Jukka Tammi23
Penalty minutes Kimmo Kapanen182
Nos play-offs
Vesa Toskala é o porteiro con máis minutos disputados nos play-offs.
RécordNomeRexistro
Partidos Ari-Pekka Siekkinen113
Minutos Vesa Toskala1.681
Promedio Pasi Häkkinen16,07
Porcentaxe Mika Lehto
Pekka Rinne
1,000
Shotouts Iiro Tarkki6
Asistencias Bernd Brückler5
Penalty minutes Juuso Riksman24
Nos play-out
RécordNomeRexistro
Partidos Jukka Tammi
Petri Vehanen
Matti Viitakoski
7
Minutos Niko Hovinen248
Promedio Tomas Duba7,00
Porcentaxe Vesa Toskala0,965
Shotouts Niko Hovinen2
Penalty minutes Jukka Tammi4

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas