Liga Galega de Rugby 2011-12

29ª edición da Liga Galega de Rugby

A edición 2011-2012 da Liga Galega de Rugby foi por 4º ano seguido a 4ª e última división do rugby en Galicia, por detrás das 3 competicións nacionais organizadas pola FER (División de Honra, División de Honra B e Primeira Nacional), e o único campionato ligueiro organizado pola FGR dende que en 2008 desapareceu a 2ª división autonómica.

Modelo:Competición deportivaLiga Galega de Rugby 2011-12
Tipocompetición deportiva Editar o valor em Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFederación Galega de Rugby Editar o valor em Wikidata
Parte deLiga Galega de Rugby Editar o valor em Wikidata
Número de participantes12 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónGalicia (España) 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.97°54′O / 42.8, -7.9 Editar o valor em Wikidata
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Período de tempotempada 2011-2012 Editar o valor em Wikidata
Número de edición29 Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoVigo Rugby Club Editar o valor em Wikidata


Desenvolvemento

O campionato comezou o 16 de outubro de 2011 con doce equipos inscritos (dous deles filiais), cinco máis ca na Liga Galega de Rugby 2010-11. Isto debeuse ao descenso de dous equipos dende a Primeira Nacional (CD Zalaeta e CR Lalín), o debut dun novo equipo galego (Pontevedra RC), a inclusión dun equipo de León que deixou este ano o torneo autonómico de Castela e León (Bierzo RC), amais da volta do filial do CRAT despois dun ano fora do torneo. O único equipo galego que este ano non tivo ningunha representación na Liga Galega de Rugby foi o Ingleses RC de Vilagarcía, que competiu na Primeira Nacional co primeiro equipo do CRAT, no ano no que o primeiro equipo de Vigo RC debutou na División de Honra.

O campión final do torneo foi o filial do Vigo RC, que rematou a competición cun 100% de vitorias.

Clasificación

Fonte: Clasificación en www.fegarugby.es

Táboa da Liga Galega de Rugby 2011-2012
PosiciónEquipoPuntosEncontrosBonus
XogadosGañadosEmpatesDerrotasOfensivosDefensivos
1Vigo RC 'B109222200210
2CD Zalaeta95221903181
3CR Lalín83221705132
4Mareantes RCP69221408112
5Ourense RC65*221309112
6CR Ferrol56221201073
7Muralla RC55*2211011112
8Santiago RC37*22801461
9CRAT 'B3022601642
10CR Fendetestas2722501725
11Pontevedra RC2022301935
12Bierzo RC922202002

A vitoria vale 4 puntos, o empate vale 2 puntos, e a derrota vale 0 puntos. Pódense acadar puntos bonus por anotar 4 ensaios ou máis, e cando se perde por 7 puntos ou menos. Muralla RC, CR Ferrol e Santiago RC foron sancionados con 2 puntos. Bierzo RC foi sancionado con 1 punto.