División de Honra de Rugby 2006-2007

(Redirección desde «Liga Española de rugby 2006-2007»)

A tempada 2006-2007 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 40 da máxima categoría do rugby en España. A fase regular comezou o 9 de setembro do 2006, e durante as 18 xornadas da competición enfrontou entre si ós 10 equipos que compoñen a liga, ata o 20 de maio do 2007, data na que rematou o campionato, coa vitoria final de Club de Rugby El Salvador por quinta vez na súa historia.

Modelo:Competición deportivaDivisión de Honra de Rugby 2006-2007
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Período de tempotempada 2006-2007 Editar o valor em Wikidata

O UE Santboiana era o defensor do título logrado na anterior tempada. Os dous novos equipos na categoría foron dous antigos campións, o Club de Rugby Cisneros e o CRC Madrid, antigo Real Canoe, que ocuparon os lugares de Club Alcobendas Rugby e Club de Rugby Ciencias. Ademais diso, o FC Barcelona adquiriu os dereitos deportivos do BUC para competir na División de Honra nas vindeiras tempadas.

Equipos

EquipoEstadioCidade
FC BarcelonaEstadio da FoixardaBarcelona
CRC MadridValle de las CañasMadrid
Club de Rugby El SalvadorCampos de Pepe RojoValladolid
Club de Rugby CisnerosEstadio Central UniversitarioMadrid
Getxo Rugby TaldeaCampo de UrbietaGetxo
Ordizia Rugby ElkarteaFernando TrevijanoOrdizia
C.R Liceo FrancésEstadio Central UniversitarioMadrid
Bera Bera Rugby TaldeaMiniestadio de AnoetaDonostia
Valladolid RACCampos de Pepe RojoValladolid
UE SantboianaBaldiri AleuSant Boi de Llobregat

Clasificación

EquipoPuntosXogadosGañadosEmpatesPerdidosBonus1El Salvador83181701152CRC Madrid6518140493Santboiana5118110774VRAC5118110775Bera Bera4518100856FC Barcelona40187011127Ordizia3618801048Getxo3318601299Liceo Francés321850131210Cisneros91810175A vitoria vale 4 puntos e o empate 2. Os bonus, dun punto cada un, danse por conseguir 4 ensaios ou máis, e por perder por 7 puntos ou menos.

<<<< 2005/06 — Tempadas — 2007/08 >>>>


Datos finais do campionato:

  • El Salvador conseguiu o campionato nacional de liga, con 83 puntos en 18 xornadas. Foi o 5º título de liga para o club.
  • Os dous últimos clasificados, Liceo Francés e Cisneros, descenderon de categoría ó remate da tempada.
  • Os equipos Club de Rugby Ciencias e Club Alcobendas Rugby, xustamente os dous que descenderan o ano anterior á División de Honra B, acadaron nesta tempada o ascenso para competir na edición 2007-08 na División de Honra.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas