Leviathan (filme de 2014)

Filme de 2014 dirixido por Andrey Zvyagintsev

Leviathan (ruso: Левиафан, Leviafan) é un filme dramático ruso dirixido por Andrey Zvyagintsev, co-escrito por Zvyagintsev e Oleg Negin, que se estreou no 2014. Está protagonizado por Aleksei Serebryakov, Elena Lyadova e Vladimir Vdovichenkov. Segundo Zvyagintsev, inspirouno a historia de Marvin Heemeyer nos Estados Unidos e fixo unha adaptación ó contexto ruso.[4] O desenvolvemento do personaxe protagonista ten paralelismos coa figura bíbliba de Xob.[5] O produtor Alexander Rodnyansky declarou: "Lida con algúns dos máis importantes temas sociais da Rusia contemporánea mais nunca se converte nun sermón do artista ou nunha protesta pública; é a historia do amor e a traxedia experimentada por xente corrente".[6] A crítica considerou o filme como formidable[7][8] polo tratamento de temas como o destino, o poder e o diñeiro.[7]

Leviathan
Ficha técnica
Título orixinalLeviathan
DirectorAndrey Zvyagintsev
ProdutorAlexander Rodnyansky
Guión
  • Andrey Zvyagintsev
  • Oleg Negin
Intérpretes
  • Aleksei Serebryakov
  • Elena Lyadova
  • Vladimir Vdovichenkov
  • Roman Madyanov
FotografíaMikhail Krichman
Estudio
  • Non-Stop Production[1]
  • Ministerio de Cultura de Rusia
    Cinema Fund[1]
  • RuArts Foundation[1]
DistribuidoraFox[2]
EstreaCannes: 23 de maio de 2014
5 de febreiro de 2015
Duración141 minutos[3]
OrixeRusia Rusia
XéneroDrama
OrzamentoRUB 220m
Recadación$3 400 000[2]
Na rede
http://www.sonyclassics.com/leviathan/
IMDB: tt2802154 Filmaffinity: 900794 Allocine: 228247 Rottentomatoes: m/leviafan Mojo: leviathan2014 Allmovie: v597778 TCM: 2061448 Metacritic: movie/leviathan-2014 BNE: XX5589673 Editar o valor em Wikidata

O filme foi seleccionado para competir pola Palma de Ouro no Festival de Cannes de 2014.[9] Zvyagintsev e Negin gañaron o premio ó mellor guión.[10] Foi escollido como mellor filme do ano no Festival de Cinema de Londres de 2014 e no 45º Festival Internacional de Cinema da India. Gañou o Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa.[11] Tamén foi nomeado ós Premios Oscar na categoría de mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos Oscar.

Personaxes

  • Aleksei Serebryakov como Kolya
  • Roman Madyanov como Vadim
  • Vladimir Vdovichenkov como Dima
  • Elena Lyadova como Lilya
  • Sergey Pokhodaev como Roma

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas