Leifr Eiríksson
Leif Eriksson ou Leifr Eiríksson en nórdico antigo significando O afortunado, nado en 970 e morto en 1020, foi un explorador viquingo, con gran sona a raíz da súa viaxe a América.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (non) Leifr heppni Eiríksson ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 970 ![]() Comunidade Islandesa (Comunidade Islandesa) ![]() |
Morte | c. 1020 ![]() Brattalid (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Comunidade Islandesa (pt) ![]() ![]() |
Relixión | Cristianismo e Paganismo nórdico ![]() |
Actividade | |
Ocupación | explorador , navegante ![]() |
Lingua | Nórdico Antigo Ocidental (pt) ![]() ![]() |
Familia![]() | |
Pai | Erik o Roxo ![]() |
Irmáns | Freydís Eiríksdóttir (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
Naceu en Islandia. Fillo do explorador noruegués Erik o Vermello, continuou a tarefa de colonización cara ao oeste iniciada polo seu pai. Arredor do ano 1000, guiado polos relatos do comerciante Bjarni Herjólfsson, dirixiuse cara ao oeste e pasou un inverno nunha terra á que nomeou Vinlandia e que describiu como abundante en salmóns e pasteiros. O campamento constituiría o primeiro asentamento europeo en América, cincocentos anos antes de que Cristovo Colón chagase. O seu irmán Thorvald Eriksson foi o primeiro europeo en ter contacto con amerindios, e tamén a súa primeira vítima. O campamento, Leifbundir, estaba situado no extremo norte da illa de Terra Nova, no lugar coñecido actualmente como L'Anse aux Meadows e durou só unhas décadas antes de ser abandonado, por mor da agresividade dos indíxenas e pola continua fustrigación que sufrían os colonizadores.