Ledicia Costas

escritora galega

Ledicia Costas Álvarez, nada en Vigo o 19 de setembro de 1979, é unha escritora galega. Gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta e tres veces o Premio Lazarillo.

Infotaula de personaLedicia Costas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1979 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura infantil e xuvenil e literatura galega Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Galicia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina weblediciacostas.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: 100063708724755 Twitter: lediciacostas Instagram: lediciacostas BNE: XX1474692 Bitraga: 4223 AELG: 356 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Empezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. Licenciada en Dereito Económico pola Universidade de Vigo[1], desde hai varios anos dedícase en exclusiva á creación literaria.[2] É unha das coordinadoras da revista dixital Criaturas, dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia.[3] [4]En 2020 foi Premio da Cultura Galega e en 2023 Medalla Castelao.

Entrevista en Nós TV.

En 2022 traduciu ao galego "SloMo", a canción de Chanel que representou a España no Festival de Eurovisión 2022, cunha gran repercusión nas redes sociais.[5]

Literatura infanto-xuvenil

É unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas de literatura infantil e xuvenil da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados e foron traducidos a varios idiomas.[6]

Foi a primeira persoa en gañar tres veces o Premio Lazarillo (2015, 2017, 2021). No último (A lebre mecánica) os membros do xurado emitiron o fallo por unanimidade sinalando que se trata dunha "obra cun bo nivel de linguaxe para adolescentes" que abrangue temas como a diversidade de xénero e o xogo, e que combina o relato "de forma equilibrada e os diálogos con “reflexións contrastadas acordes coas vivencias da idade”.[7]

Canto ao Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (Escarlatina, a cociñeira defunta), o Xurado decidiu premiar a obra por ser “unha obra extraordinaria, humorística e rompedora no contexto da literatura infantil e xuvenil actual que tamén destaca pola súa fácil lectura, o seu humor estarrecedor, e a súa habilidade para desmitificar o mundo da morte".[8] O libro foi traducido a unha morea de idiomas e leva vendidas ducias de miles de exemplares.

É tamén a creadora das coleccións A señorita Bubble (Ilustrada por Andrés Meixide), Os Minimortos (ilustrada por Mar Villar) e Curriño (comezada en 2024 e ilustrada por Mili Koey).

Narrativa para adultos

No libro de relatos Un animal chamado néboa (2015) a capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir, nin o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano porque é en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal.[9]

En Infamia (2019) Emma Cruz é unha avogada e profesora de Dereito Penal que volve a Merlo para impartir clases na Universidade. Hai 25 anos que desapareceron dúas nenas, as irmás Giraud. Están mortas? Quen as asasinou? A novela é un thriller psicolóxico onde nada é o que parece, unha historia de amor, odio e loucura.[10] Foi traducida ao castelán, catalán, inglés, coreano, búlgaro, romanés, italiano, portugués e persa.[11]

En Golpes de luz (2021) Xulia é unha xornalista que se acaba de separar e volve a Galicia co seu fillo Sebas (de dez anos, o que pensa que a avoa Luz é o deus Thor porque sempre anda co seu martelo) e ten que se enfrontar a un pasado cheo de segredos. O narcotráfico na Galicia dos anos noventa, o mundo dos coidados e a procura da verdade envolven esta historia.[12]

En Pel de cordeiro (2024) cóntanos dúas historias en dous tempos diferentes: a historia de Catalina nas últimas rabexadas da Inquisición e a de Lola no Vigo actual. Nas dúas está a súa historia de rebelión contra as convencións sociais pero en contextos diferentes. As dúas con inquedanzas no escuro, na morte, no máxico.[13] Dúas partes moi diferentes e narradas de xeito distinto pero nas dúas está presente a bruxaría.

Poesía

Con Ultraluz gañou o Premio de Poesía Afundación en 2022. Para a autora o libro é[14]:

Ultraluz é un bosque. É un bosque con sombra e con luz. É un lugar fantástico, ateigado de criaturas da cultura popular, como o demogorgon, o kodama ou o oitavo pasaxeiro, e tamén de escuridade, de morte, unha constante na miña obra, un tema que me latexa dentro, que aquí abordo a cabalo coa fantasía, outro tema recorrente en min.

O xurado resaltou[15]:

...que o poemario da escritora viguesa, segundo recolle a acta, «é un exercicio de claridade e autenticidade poética cunha clara vontade de achegar os mundos fantásticos ao noso bosque logrando unha interacción entre as referencias ao anime e á ciencia ficción. Hai unha interpelación ao lector como axente activo convidándoo a entrar nese mundo de frescor infantil que mestura o abraio e o sombrizo.

Obras

Poesía

  • Ultraluz (2022). Arte de Trobar. Centro PEN Galicia. 66 páxs. ISBN 978-84-09-45310-8.
    • (2023). Vigo: Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-1110-431-9. Inclúe imaxes do espectáculo de palabra, música e luz arredor dos poemas no que Ledicia Costas foi acompañada dos músicos Amaro Ferreiro e Sergio M. Puga.

Literatura infanto-xuvenil

A señorita Bubble

  • A Señorita Bubble. Baixo cero (2020). Xerais, Sopa de libros. 128 páxs. ISBN 978-84-9121-763-3. ePub: ISBN 978-84-9121-769-5.
    • En castelán: La señorita Bubble: Aventura bajo cero (2020). Madrid: Anaya. Ilustraciones de Andrés Meixide. Traducción de María del Carmen Alonso Seisdedos.
  • A Señorita Bubble. Deus salve as raíñas (2023). Xerais, Sopa de libros. Ilustracións de Andrés Meixide. 128 páxs. ISBN 9788411102599. ePub: ISBN 978-84-1110-269-8.
    • En castelán: La señorita Bubble: Dios salve a las reinas (2023). Madrid: Anaya. Ilustraciones de Andrés Meixide. Traducción de María del Carmen Alonso Seisdedos.

Os Minimortos

Curriño

Álbum ilustrado

Presentando Golpes de luz na Libraría Paz de Pontevedra (11/12/2021), con María Oruña e Chus Gómez Dorrego

Narrativa adulta

Obras colectivas

Ledicia Costas conversando con Ramón Rozas a noite do Samaín de 2017 en Pontevedra.

Obras con Pere Tobaruela

Asinan as súas publicacións como Pereledi.

Premios

Ledicia Costas en 2014
  • Gañadora do Premio de Poesía do Concello de Marín no 2005.
  • Mención de Honra no Premio GZ Crea de poesía no 2006, por Aparición de triste.
  • 1º Premio de poesía da Universidade de Vigo no 2007.
  • 1º Premio de relato da Universidade de Vigo no 2010.
  • Accésit no Premio Modesto R. Figueiredo do 2011, por Frío azul.
  • Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro infantil e xuvenil do 2012, por O corazón de Xúpiter.
  • Accésit no Premio Miguel González Garcés do 2012, por Satén.
  • Premio da AELG á mellor obra de literatura infanto-xuvenil do 2012, por O corazón de Xúpiter.
  • Premio Martín Sarmiento para 1º e 2º de ESO no 2013, por Mortos de ningures, xunto a Pere Tobaruela.
  • XXIX edición do Premio Merlín de Literatura Infantil de 2014 por Escarlatina. A cociñeira defunta.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de literatura infantil de 2014, por Escarlatina. A cociñeira defunta.
  • Premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores ao mellor libro infantil e xuvenil de 2014, por Escarlatina, A cociñeira defunta.
  • Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015, por Escarlatina, a cociñeira defunta.
  • Premio Lazarillo de Creación Literaria en 2015, por Jules Verne e a vida secreta das Mulleres Planta. Con esta obra: Premio Fervenzas 2016 ao Mellor Libro de Literatura Xuvenil -Premio Fervenzas 2016 Mellor Capa de LIX - Premio Gala do Libro Galego (Infantil/Xuvenil), 2017 - Premio The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2017
  • Premio Fervenzas Literarias á autora do ano 2015.
  • Lista do IBBY dos mellores libros para xoves con discapacidade 2015, por Recinto gris
  • Premio Antón Losada Diéguez de Creación literaria en 2016, por Un animal chamado néboa.
  • Premio dos Clubs de Lectura de Galicia de 2016.
  • Premio Lazarillo 2017 por A balada dos unicornios ex aequo con Rafael Salmerón por No te muevas musaraña.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de literatura infantil de 2017, por A señorita Bubble.
  • Premio Kelvin 505, pola versión en castelán de A balada dos unicornios, recoñecida como Mellor Novela Xuvenil Orixinal en Castelán. Festival de terror, fantasía e ciencia ficción Celsius 232 de Avilés. 2019.[62]
  • Premio de Cultura Galega das Letras 2020.[63]
  • Premio Merlín 2021 por O neno de lume.[64]
  • Premio Lazarillo 2021[65] por A lebre mecánica.
  • Premio de Poesía Afundación, por Ultraluz, en 2022.[66]
  • En 2023 recibiu a Medalla Castelao.[67]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas