Laurentino Espinosa Valladares

avogado, xornalista e político galego

Laurentino Espinosa Valladares, nado en Vilancosta (parroquia de Berres, A Estrada) en 1861 e finado en 1936, foi un avogado, xornalista e político galego.

Infotaula de personaLaurentino Espinosa Valladares
Biografía
Nacemento1861 Editar o valor em Wikidata
Vilancosta, España Editar o valor em Wikidata
Morte1936 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Alcalde da Estrada
1895 – 1902
← Ramón María OteroManuel Cagide Iglesias → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , avogado , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Fillo de Bernardo Espinosa Salgado e Luisa Valladares Núñez, era sobriño e foi o herdeiro de Marcial Valladares Núñez. Foi alcalde da Estrada entre o 1 de xullo de 1895 e o 1 de xaneiro de 1902. Colaborou en El Estradense e Diario de Galicia. Nomeado xuíz de Moaña en 1915, foi presidente da Unión Patriótica de Moaña. Colaborou en La Palanca.


Predecesor:
Ramón María Otero Estévez
 
Alcalde da Estrada
 
1895 - 1902
Sucesor:
Manuel Cagide Iglesias

Vida persoal

Casou en 1883 con Concepción Cervela Malvar, que finou xa viúva en xullo de 1937,[1] e tivo como fillos a José, Avelino, Andrés, Germán, María, que casou con Manuel Ferreirós Oca, e Albina e Mercedes Espinosa Cervela, que foron sucesivamente a primeira e segunda esposa de Antón Losada Diéguez.[2]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas