Laura Seara

política galega

Laura Carmen Seara Sobrado, nada en Allariz o 20 de abril de 1975,[1] é unha política galega vinculada ao PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaLaura Seara Sobrado

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Laura Seara Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Laura Carmen Seara Sobrado Editar o valor em Wikidata
20 de abril de 1975 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Allariz, España Editar o valor em Wikidata
Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

26 de xaneiro de 2015 – 24 de xaneiro de 2016
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

7 de abril de 2014 – 26 de xaneiro de 2015
Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

24 de xuño de 2013 – 7 de abril de 2014
Deputada de España
5 de decembro de 2011 – 27 de outubro de 2015

Circunscrición electoral: Ourense

Deputada do Parlamento de Galicia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

É licenciada en Dereito, e ten un mestrado en Calidade de Servizos.[1] Foi Secretaria de Organización das Mocidades Socialistas e deputada do PsdeG no Parlamento de Galicia dende 2001 até xaneiro de 2010.[1][2]

En 2007 foi nomeada Xuíz Honorario do Couto Mixto.

Dende 2010 até xullo de 2011 foi a directora da Instituto da Muller, que depende do goberno de España.[1] En xullo dese ano substituíu a Bibiana Aído na Secretaría de Estado de Igualdade,[3] posto no que permaneceu ata a derrota socialista de novembro de 2011.

En 2011 encabezou a lista do PSdeG-PSOE ao Congreso dos Deputados pola circunscrición de Ourense, por onde saíu elixida deputada nas eleccións xerais. Desde xeito ocupou o cargo de deputada na X lexislatura, de 2011 a 2016.[1]

En decembro de 2017, deixou a política para centrarse no sector privado, na empresa creada coa súa socia María Jesús Boo, chamada Red Talento Consultoras, con oficina en Ourense.[4] Esta empresa de consultoría está centrada na provisión de servizos relacionados coa participación, igualdade e políticas sociais.[5]

A finais de 2018 o goberno municipal de Salceda de Caselas solicitou a súa colaboración para dirixir o Plan Municipal para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes 2018-2021.[6]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas